Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ EN XULLO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE "ENVELLECEMENTO ACTIVO"
O CONCELLO ABRIRÁ EN XULLO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE
A concelleira de Acción Social, Catalina García, recordou que teñen preferencia as persoas maiores de 60 anos empadroadas en Narón
Narón, 12 de xuño de 2020. O Concello de Narón manterá no vindeiro curso 2020-2021 as actividades enmarcadas no programa de Envellecemento Activo, dirixidas a veciñas e veciños da cidade maiores de 60 anos. A concelleira de Acción Social, Catalina García, explicou que aquelas persoas maiores de 60 anos que estean apuntadas este mes, teñan as cotas ao día e non soliciten a baixa, non terán que volver a anotarse, quedando prorrogada a súa inscrición.
No caso de que queden vacantes tamén poderán participar neste programa persoas menores de 60 anos empadroadas no concello naronés que acrediten cun informe médico a conveniencia de realizar a actividade adaptada a esa idade e non estar imposibilitados físicamente para realizalas. Tamén poderán anotarse persoas non empadroadas en Narón maiores de 60 anos ou menores que reúnan os requisitos anteriores, por orde de inscrición.
Os trámites para inscribirse, a partir do 1 de xullo, poden realizarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón ou de modo presencial, neste último caso, solicitando cita previa no número de teléfono 981 102 152 para acudir ás oficinas do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. Para as actividades de ioga, ximnasia rehabilitadora, memoria e coral a solicitude de inscrición debe presentarse co modelo oficial do Concello, que se pode obter na Sede Electrónica do Concello ou nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.
García animou ás persoas ás que se dirixe este programa a participar no mesmo. “Continuaremos coas actividades o vindeiro curso, para o que é moi importante que todas e todos manteñamos as pautas de seguridade de prevención fronte ao coronavirus porque é responsabilidade común atender as indicacións das autoridades sanitarias para avanzar na desescalada e ir retomando con todas as precaucións a nova normalidade”, asegurou a concelleira de Acción Social.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal