Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN EQUIPO DE OPERARIOS DESINFECTA A DIARIO UNS 10.000 METROS CADRADOS DE SUPERFICIES DOS PARQUES INFANTÍS E BIOSAUDABLES DA ZONA URBANA E RURAL
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, destacou o labor que se está desenvolvendo e apelou á colaboración cidadá para cumprir as medidas indicadas polas autoridades sanitarias
Narón, 22 de xuño de 2020. O Concello de Narón reabriu o pasado 15 de xuño os parques infantís e biosaudables da zona urbana e rural seguindo as indicacións das autoridades sanitarias para este tipo de espazos. Dende entón, cada día, incluídas as fins de semana e os festivos, operarios da empresa de mantemento destes espazos realiza a diario a desinfección duns 10.000 metros cadrados que suman o total das superficies. “Este traballo lévase a cabo en corenta e seis parques infantís e a vintena dos biosaudables localizados nos barrios e parroquias da cidade”, explicou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla. O edil naronés subliñou que “dende o primeiro día que se permitiu a reapertura o Concello tiña todo preparado -grazas ao traballo previo, xa que durante todo o estado de alarma tamén se desinfectaron estes espazos- para poder reabrilos á veciñanza en canto fose posible”. Santalla destacou o labor que se realizou nos últimos meses “para poder ofrecer este servizo ás familias da nosa cidade cumprindo todas as garantías sanitarias” e incidiu en que “unha parte desas garantías depende tamén das usuarias e usuarios, que deben cumprir todas as indicacións para utilizar estes espazos, donde xa o propio día 15 se instalou cartelería para recordar esas medidas e o aforo máximo permitido en cada un dos parques infantís e biosaudables”. As tarefas de limpeza realízanse cada día entre as 7.00 e as 11.00 horas polo que, tal e como recalcou o concelleiro de Servizos, “é moi importante que ninguén acceda ao recinto dos parques infantís ou biosaudables antes das 11.00 horas, por motivos de seguridade”. O procedemento establecido para a desinfección, según indicou, é desinfectar cun deterxente biocida e atomizadores de mochila e, unha vez á semana, realízase a misma tarefa pero cunha mistura de auga e lixivia, seguindo as recomendacións para este tipo de instalacións. “Queremos incidir na importancia de que, co fin de garantir a seguridade de todas as veciñas e veciños e como medida preventiva fronte á Covid-19, todas as veciñas e veciños cumpran minuciosamente as medidas establecidas para utilizar este tipo de espazos, polo que apelamos á colaboración cidadá para que entre todas e todos consigamos manter a seguridade das persoas”, asegurou Santalla.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal