Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMORA O DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBI COLOCANDO UNHA LONA MULTICOR E ILUMINANDO A ROTONDA DE FREIXEIRO
As concelleiras de Igualdade, Mar Gómez, e Acción Social, Catalina García, destacaron o traballo e os compromisos da administración local co colectivo
Narón, 25 de xuño de 2020. As concelleiras de Igualdade, Mar Gómez, e Acción Social, Catalina García, colocaron onte no interior do Concello unha lona multicor con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI, que se conmemora cada 28 de xuño. Así mesmo, e co fin de respaldar e visibilizar os dereitos deste colectivo, a rotonda de Freixeiro permanecerá iluminada coas seis cores durante esta fin de semana. As edís naronesas recordaron que o pasado xoves, día 25, se levou ao pleno unha declaración institucional na que se insta ás administracións supramunicipais e organismos correspondentes a traballar na mellora e implantación do Plan de convivencia escolar para a igualdade de trato para as persoas LGTBI, á aplicación da Lei 2/2014 de 14 de abril pola igualdade de trato e non discriminación de LGTBI en Galicia e á aprobación da Lei Estatal LGTBI, entre outras medidas. Na mesma declaración institucional, tal e como recordaron as concelleiras de Igualdade e Acción Social, recóllense os compromisos do Concello de Narón para continuar desenvolvendo actividades en colaboración co colectivo LGTBI ao longo de todo o ano, recoñecer os seus dereitos e rexeitar calquera tipo de violencia ou discriminación por motivos de orientación sexual e/ou defensa da diversidade e liberdade sexual das persoas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal