Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN NOVO ITINERARIO DIDÁCTICO DO PROGRAMA "NARÓN EN TRANSICIÓN" POLA COSTA ÁRTABRA
O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, avanzou que o percorrido pola zona da Costa Ártabra terá lugar o 4 de xullo
Narón, 29 de xuño de 2020. O Concello mantén aberto ata o vindeiro venres, día 3 (incluído) o prazo de inscrición nun novo itinerario do programa municipal “Narón en Transición”. A convocatoria terá lugar o vindeiro sábado, día 4, pola zona da Costa Ártabra, coa saída e chegada do percorrido nas inmediacións da Pena Molexa (O Val), tal e como indicou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego. “As persoas que participen terán a oportunidade de percorrer un tramo duns sete quilómetros, por camiños de terra e sendeiros e no que, acompañados por profesionais na área de medio ambiente, poderán realizar actividades de campo sobre o ecosistema costeiro, toponimia e patrimonio locais”, explicou Galego. A saída está programada para as 10.00 e a chegada será sobre as 14.00 horas. No itinerario didáctico poderán participar un máximo de 20 persoas, de todas as idades –os menores acompañados dunha persoa adulta- e que poderán anotarse, de balde, no correo electrónico: info@sedega.com ou no Servizo Sociocomunitario municipal (no primeiro andar do Concello, con acceso pola Praza de Galicia). A solicitude pode descargarse da páxina web do Concello (www.naron.es), según recordou o edil, que animou á veciñanza a sumarse a esta iniciativa “para desfrutar dunha xornada de lecer practicando deporte e coñecendo máis polo miúdo o noso entorno”.
Descarga de archivos
Ficha de inscrición
Tamaño:123,36 KB
Tríptico itinerario
Tamaño:3,65 MB
Cartaz itinerario
Tamaño:1,54 MB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal