Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O TRÁMITE DE AUDIENCIA EN CATRO NORMAS DO PLAN NOTMATIVO DE 2020 A TRAVÉS DA PLATAFORMA MUNICIPAL "NARÓN PARTICIPA"
A edil de Benestar Social, Catalina García, anunciou que se poderán presentar suxestións a estas normas ata o vindeiro 14 de xullo
Narón, 29 de xuño de 2020. O Concello de Narón abriu hoxe o prazo de presentación de suxestións a catro normas do Plan Normativo 2020 a través da plataforma municipal “Narón Participa” (www.naronparticipa.es). As persoas que o desexen pode presentar ata o vindeiro 14 de xullo as súas propostas sobre os borradores elaborados e publicados –na mesma plataforma- das normas do Regulamento dos Centros Comunitarios Integrados Manuela Pérez Sequeiros e Vivendas da Mariña, ambos municipais; o Regulamento do Centro de Día; a Ordenanza reguladora da expedición de licencias de vao e de reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase e a Ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, explicou que “dende o goberno local continuaremos avanzando na área de Participación Cidadá, neste caso ofrecendo a posibilidade de que as persoas que o consideren oportuno realicen algunha proposta para as citadas catro normas xurídicas municipais”. Unha vez que remate o prazo establecido, o día 14 de xullo, procederase a someter esas normas a aprobación inicial para, a continuación, abrir o pertinente prazo de alegacións antes de sometelas a aprobación definitiva no plano do Concello e incorporalas no acervo normativo do Consistorio. As modificacións no Regulamento dos centros comunitarios municipais e o Regulamento do Centro de día das Vivendas da Mariña, responden á necesidade de adaptalos aos cambios aplicados á normativa autonómica sobre as competencias deste tipo de instalacións. A nova normativa deberá adaptarse ás novas necesidades de ambos centros, Manuela Pérez Sequeiros e Vivendas da Mariña, para os que avanzan os trámites para licitar o contrato de concesión do servizo de xestión, organización e funcionamento dos mesmos. No mesmo proceso de tramitación na citada plataforma municipal está a ordenanza reguladora de expedición de licencias de vao e de reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase. A aprobación de varias modificacións a nivel supramunicipal fai necesario incorporalas para adecuar esta norma ás necesidades e demandas da cidadanía tras constatar a súa viabilidade. A última ordenanza en proceso de tramitación é a xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, que se adecúa ás pautas da Dirección Xeral de Tráfico no referente tanto aos peóns e ciclistas como a vehículos de mobilidade persoal e, como novidade, do patinete eléctrico, trala súa irrupción no ámbito urbano e outros cambios lexislativos vencellados aos ciclistas. No proceso de presentación das suxestións, tal e como recordou García, poden participar persoas maiores de 16 anos empadroadas en Narón ou que acrediten a condición de interesados/as e tamén as organizacións e asociacións legalmente constituídas e potencialmente afectadas. “Queremos animar a todas as persoas que o desexen a colaborar con nós, vendo o borrador destas catro normativas e presentando, no caso de consideralo oportuno, as súas propostas, que serán estudadas nos departamentos correspondentes”, subliñou a concelleira de Benestar Social.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal