Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO UNHA ANDAINA DO PROGRAMA "PRIMAVERA NO CAMIÑO"
As inscricións poderán tramitarse a partir de mañá mércores na Oficina de Turismo, localizada nas inmediacións da glorieta de Freixeiro, tal e como explicou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida
Narón, 30 de xuño de 2020. O Concello de Narón participará na Andaina “Primavera no Camiño”, impulsada a través da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, da que forma parte o Consistorio. Así o anunciou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, que avanzou que o vindeiro sábado, día 4, un máximo de 50 persoas terán a oportunidade de participar nesta iniciativa, que se desenvolverá de xeito simultáneo noutros concellos que forman parte da citada asociación. “Na nosa cidade a andaina partirá do mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto, ata o paseo marítimo de Xuvia, un tramo do Camiño Inglés que se prevé realizar nunhas dúas horas”, explicou Hermida. A saída terá lugar ás 10.00 horas, ao igual que no resto de concellos participantes, e as persoas que desexen participar deben inscribirse a partir de mañá mércores na Oficina municipal de Turismo –nas inmediacións da glorieta de Freixeiro, en horario de 10.00 e a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, rematando o prazo o venres 3 ás 13:00 horas. Para participar é preciso inscribirse cubrindo unha solicitude que se pode solicitar na propia Oficina de Turismo. Dous monitores deportivos acompañarán aos camiñantes, que como máximo poderán ter 70 anos, debido ao límite imposto polo seguro de accidentes. Co fin de cumprir coas medidas sanitarias establecidas trala crise da Covid-19 é obrigatorio levar mascarilla no caso de non ser posible polos supostos contemplados na normativa e manter a distancia de seguridade, recomendándose levar calzado cómodo e auga.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal