Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, explicou que esta acción formativa se dirixe a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón
Narón, 30 de xuño de 2020. O Concello abrirá mañá mércores o prazo de inscrición nun curso de Prevención de Riscos Laborais (nivel básico). Esta acción formativa, tal e como indicou a concelleira responsable da área, Natalia Hermida, diríxese a un máximo de 16 persoas, que deben ser maiores de 18 anos, estar desempregadas, empadroadas en Narón e non ter concedido outro curso do Programa Municipal de Formación que coincida nas datas. As inscricións poderán presentarse dende mañá ás 8.30 horas ata o día 8 de xullo ás 13.00 horas e, como medida excepcional, entregaranse no primeiro andar do Concello (entrada pola Praza de Galicia), a través da Sede Electrónica -donde poden descargarse as inscricións- ou dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
O curso terá unha duración total de 72 horas (60 de Prevención de Riscos Laborais e as 12 restantes de módulos adicionais) que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e que inclúen visitas didácticas a empresas da comarca. As datas previstas para esta acción formativa son do 15 de xullo ao 7 de agosto e o horario das clases de 15.30 a 19.30, de luns a venres, podendo variar nalgunha das xornadas este horario debido á realización de visitas didácticas, charlas ou módulos adicionais.
Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo; Riscos xerais e a súa prevención; Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa; Elementos básicos de xestión da prevención de riscos laborais; Primeiros auxilios e Sensibilización medioambiental e perspectiva de xénero e tres charlas relacionadas coa empregabilidade no sector naval, a implementación das medidas de prevención e a revisión dos EPIs e o seu mantemento son os contidos que se abordarán nesta acción formativa, que inclúe a maiores tres visitas didácticas.
Hermida subliñou que para asistir aos cursos é obrigatorio o uso de mascarillas e o cumprimento de todas as medidas de hixiene e sanitarias decretadas para a prevención da Covid-19.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal