Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA "CINE DE VERÁN" COMEZA ESTE XOVES NA PRAZA DA GÁNDARA COA PROXECCIÓN DA PELÍCULA "AL AIRE PATOS"
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, recordou que se trata dunha proposta de balde que se desenvolverá un ano máis na zona urbana e rural do municipio
Narón, 30 de xuño de 2020. O Padroado da Cultura de Narón iniciará o vindeiro xoves, día 2, o programa “Cine de Verán”, cofinanciado un ano máis coa Deputación da Coruña. Esta proposta contempla un total de oito proxeccións, doutras tantas películas dirixidas a público infantil e que se desenvolverán en espazos públicos da zona urbana e rural do municipio. Nas xornadas previstas, todas no mes de xullo, as proxeccións comezarán ás 22.30 horas e realizaranse cumprindo con todas as medidas precisas para manter a distancia de seguridade. “As iniciativas culturais inclúen novamente unha proposta de balde para as nosas veciñas e veciños grazas á colaboración entre administracións, que fai posible desenvolver programas como este, xa consolidados no calendario estival na nosa cidade”, asegurou a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro. A primeira das citas co “Cine de Verán” será este xoves na Praza da Gándara, donde se poderá ver a película “Al aire patos” e este mesmo venres, día 3, na Praza Francisco Pizarro, na Solaina, proxectarase “Ralph rompe Internet”. A tempada continuará a vindeira semana, o día 9 na Praza de Galicia, no Alto, con “Spiderman, un nuevo universo”, e o día 10 en Xuvia, na Praza do colexio, con “Smallfoot”. A terceira semana, o xoves 16 proxectarase “Nocturna, una aventura mágica” na pista polideportiva de Pedroso e o venres 17 de xullo o filme “A Galiña Turuleca” na pista polideportiva de San Xiao. Finalmente, o día 23 de xullo poderase ver “Pinocho 3000” no Centro Cívico Social do Val e o día 24 “Donkey Xote” na pista polideportiva de San Mateo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal