Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA "CINE DE VERÁN" CONTINÚA ESTA SEMANA COA PROXECCIÓN DAS PELÍCULAS "SPIDERMAN, UN NUEVO UNIVERSO" E "SMALLFOOT"
As sesións desta semana terán lugar o xoves na Praza de Galicia, no Alto, e o venres na Praza do colexio, en Xuvia
Narón, 7 de xullo de 2020. O programa “Cine de Verán” continuará esta semana con dúas novas proxeccións ao aire libre, de balde, programadas para as xornadas do xoves e o venres na cidade. A partir das 22.30 horas poderase ver o xoves na Praza de Galicia, no Alto, a película de animación “Spiderman, un nuevo universo”, protagonizada polo popular superheroe Spiderman e dirixida a público familiar. Un adolescente, Miles Morales, entra na escena e picado por unha araña adquire unha serie de superpoderes que o levarán a compaxinar a súa vida como adolescente no instituto coa persecución de villanos, facendo un gran equipo co seu mestre, Peter Parker. Na xornada do venres a sesión de cine trasladarase á Praza do colexio, en Xuvia, donde se proxectará o filme “Smallfoot”. O público terá a oportunidade de ver esta película, un musical de comedia e aventura animada por ordenador baseada no libro “Yeti Tracks", de Sergio Pablos. Un grupo de yetis atópase cun humano, pesando que non existían. O achádego lévaos a preguntarse que outras cousas existen no mundo máis alá da súa aldea. As sesións de “Cine de verán” continuarán aínda dúas semanas máis na cidade, programándose as catro restantes na zona rural do municipio. O xoves 16 poderase ver “Nocturna, una aventura mágica” na pista polideportiva de Pedroso e o venres 17 “A Galiña Turuleca” na pista polideportiva de San Xiao. As dúas últimas proxeccións deste programa serán no Centro Cívico Social do Val, o 23 de xullo, coa película “Pinocho 3000” e na pista polideportiva de San Mateo, o día 24 deste mes, con “Donkey Xote”. O Padroado da Cultura organiza esta convocatoria en colaboración coa Deputación da Coruña.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal