Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CARMEN MACHI, MARTIÑO RIVAS, CAYETANA GUILLÉN CUERVO E AITANA SÁNCHEZ GIJÓN, PROTAGONISTAS DALGÚNS DOS ESPECTÁCULOS TEATRAIS QUE SE PODERÁN VER DENDE SETEMBRO NO PAZO
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, avanzou que ata finais de ano están programados trinta e dous espectáculos, dos que anunciou os vencellados ao teatro, a música e os monólogos
Narón, 8 de xullo de 2020. Os espectáculos teatrais, os monólogos e a danza regresarán ao Pazo da Cultura o vindeiro mes de setembro, retomando así a programación prevista no interior das citadas instalacións tras decretarse a crise da Covid-19. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou “a programación prevista para os últimos meses do ano, que se levará a cabo seguindo todas as recomendacións sanitarias e coa que ofrecemos un total de trinta e dous espectáculos, catorce deles de teatro e danza e con entradas que nalgúns casos xa están á venda, tal e como figura na web do Padroado –www.padroadodecultura.es- e noutros poderán adquirirse dende finais deste mes ou principios de agosto”. O teatro regresará en setembro, concretamente o día 19, coa representación da obra “As Virxes salvaxes”, unha comedia de Teatro del Noroeste que aborda o tema da absurda pero necesaria situación de recluír aos maiores en institucións nas que os coiden. No mes de outubro, o día 3 poderase ver unha traxicomedia contemporánea de Tanttaka Teatroa, “Deje su mensaje después de la señal”, protagonizada por catro mulleres que se enfrontan aos seus problemas a través dun contestador automático e o día 10 representarase a comedia “Medida x Medida” de Shakespeare, de Producións Teatrais Excéntricas, sobre os labirintos que terá que superar unha monxa para tratar de salvar ao seu irmán da morte. As actrices Carmen Machi, Nathalie Poza, Carolina Yuste e Laia Vallés tamén estarán no Pazo en outubro, o día 17, protagonizando a obra “Prostitución”, de Check-In Producciones. Un espectáculo baseado nun proceso de exploración sobre este tema, abordando preguntas e dando voz ás súas protagonistas. O día 24 continuará o teatro coa obra “Jauría”, de El Pavón Teatro Kamikace, unha ficción sobre o xuízo realizado á Manada e protagonizada, entre outros, polo actor galego Martiño Rivas. O último espectáculo programado no mes de outubro é “O mozo da última fila”, de Redrum Teatro, o día 31. Claudio, un estudante de 17 anos é o protagonista desta historia, un rapaz que só destaca nas aulas en Matemáticas e que non soporta estar na clase. En novembro, o día 7 representarase a obra “Puertas abiertas”, de Serveis de L´Espectacle Focus-Teatro Español, coa actriz Cayetana Guillén Cuervo entre o elenco e centrada nun período de caos en París. Así mesmo, regresará ao Pazo a danza contemporánea, con Nova Galega de Danza, que traerá o día 14 o espectáculo “Leira”, que transportará ao público á dura beleza do traballo no campo. Esta proposta dará paso o día 21 a “Solitudes”, de Kulunka Teatro, teatro de máscaras e xestual sobre a historia da soidade dunha familia e, a continuación, o día 28, á representación de “Feminíssimas”, de De Ste Xeito Producións, unha obra vencellada ao feminismo. A comezos de decembro terán lugar “Juana”, de Losdelae-Aitana Sánchez Gijón, e “O mel non caduca”, de Ibuprofeno Teatro. O día 5 chegará a danza contemporánea con “Juana”, nome que xorde de varias mulleres fortes e revolucionarias que loitaron nuns tempos complicados, como Juana de Arco, Juana La Loca... O espectáculo pon en valor esas voces a través da pel, a voz e o rostro de Aitana Sánchez Gijón. “O mel non caduca” poderá verse o día 12, xornada na que se representará esta traxicomedia sobre a obsolescencia programada da relación do ser humano cos obxectos e da degradación ecolóxica do planeta. O domingo 13 de decembro a compañía Tertulia Producións traerá ao monologuista Joaquín Reyes, con “Festejen la broma!” e finalmente, o 29 de decembro regresará ao Pazo un clásico, “El lago de los cisnes”, de Russian Classical Ballet.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal