Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REACTIVA A AULA CEMIT RETOMANDO UN CURSO PREPARATORIO DO EXAME CODIX E OUTRO DE INTERNET E INFORMÁTICA BÁSICA
A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, recordou que se trata de dous cursos que comezaron a impartirse antes de decretarse o estado de alarma
Narón, 12 de xullo de 2020. Alumnado do Curso preparatorio do exame CODIX e do de Internet e informática básica que antes de decretarse o estado de alarma, o pasado mes de marzo, se realizaban na Aula Cemit de Xuvia retomará mañá as súas clases. Así o anunciou a concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, que explicou que se reactivan mañá luns estes dous cursos, “seguindo todas as recomendacións sanitarias de prevención da Covid-19 e retomando paulatinamente a normalidade nestas aulas formativas”. No que respecta ao Curso preparatorio do exame CODIX as alumnas e alumnos rematarán nas vindeiras semanas, ata o 14 de agosto, as 125 horas formativas que quedaron pendientes de impartir. As clases serán de 9.00 a 14.00 horas. Así mesmo, no caso do alumnado do curso de Internet e informática básica, quedaron pendientes de realizar 48 horas, que se retomarán mañá na quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, e que se completarán o 28 deste mes, cando finalice este curso, tal e como explicou Hermida. A edil responsable da área indicou que “unha vez que rematen estes dous cursos a previsión do Concello é darlle continuidade á formación coas accións formativas que figuran na plataforma de Aulas Cemit da Xunta e que xa estaban previstos para este ano na programación municipal”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal