Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UN NOVO OBRADOIRO DE "CHEF SOLAR E ALIMENTACIÓN SAUDABLE" NA SOLAINA
A convocatoria enmárcase no programa municipal "Narón en Transición" e terá lugar o sábado, día 18, no campo da festa da Solaina, tal e como avanzou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 13 de xullo de 2020. O programa municipal “Narón en Transición” convoca este sábado día 18, un novo obradoiro sobre “Chef solar e alimentación saudable”. Nesta ocasión a cita será no campo da festa da Solaina (fronte ao local social municipal) en horario de 11.00 a 13.00, tal e como indicou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego. O edil naronés asegurou que a cita, que o pasado sábado se desenvolveu no paseo marítimo de Xuvia, obtivo moi boa acollida entre a veciñanza de Narón e incluso doutros concellos dende donde se achegou xente para gozar das propostas que se levaron a cabo no marco deste obradoiro. Galego indicou que a actividade, de balde e que non require inscrición previa, diríxese a persoas de todas as idades e permite participar en obradoiros de cociña solar, construción de cociñas e fornos solares, de móbiles e vehículos solares, alimentación saudable…guiados por profesionais nestas materias. “A ecoloxía e o coidado e respecto do medio ambiente están moi presentes nas diferentes actividades que nos últimos meses impulsamos dende o Concello no marco do programa Narón en Transición, e que terá continuidade nas vindeiras semanas”, asegurou. O 19 de setembro a cita, con estes mesmos obradoiros, será na Praza da Gándara e o 26 de setembro na Praza de Galicia. Galego incidiu en que as actividades se realizan seguindo as indicacións sanitarias e animou á cidadanía a participar para gozar dun xeito lúdico e á vez formativo das diferentes propostas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal