Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O 10º ENCONTRO DE MAIORES CELÉBRASE O 27 DE XUÑO EN PEDROSO
As entradas están á venda nas asociacións de veciños e asociacións da 3ª idade de Narón.
Narón, 5 de Xuño de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Maiores, Mª del Carmen Espada, presentaron hoxe a 10ª edición do Encontro Municipal de Persoas Maiores, que se celebrará o vindeiro 27 de xuño na área recreativa de Pedroso. Tal e como apuntou o Alcalde, está prevista a asistencia de máis de 1.000 persoas, entre maiores que participan nas actividades municipais e público en xeral. O programa de actividades deste Encontro de Maiores é o seguinte: 9:30 horas.- Chegada dos participantes 10:00 horas.- Demostración de actividades (yoga, ximnasia, e obradoiros de memoria, entre outros) 13:00 horas.- Clausura das actividades, actuación da Coral de Maiores de Narón, e entrega de premios do II Campionato de Tute de Maiores. 14:00 horas.- Xantar. 17:00 horas.- Baile e actividades. 20:30 horas.- Regreso. De xeito paralelo, durante toda a xornada haberá tamén obradoiros de xogos populares, demostracións en vivo de artesáns –que harán exhibicións de oficios antigos- e circuitos saudables. O Alcalde e a delegada de Maiores coincidiron en definir este evento coma “unha forma de propiciar o encontro entre persoas das diferentes parroquias de Narón, pero tamén é un colofón ó programa de atención a maiores”, dixo Mª del Carmen Espada. As entradas para participar neste Encontro están á venta nas asociacións de veciños e tamén nas asociacións de maiores de Narón ó prezo de 5 euros, transporte incluido. O Concello habilitará 13 autobuses para trasladar ós maiores das zonas urbana e rural ata Pedroso, onde se instalará unha carpa na que se celebrará o xantar. A venta de entradas realizarase en dous prazos: do 1 ó 7 de xuño estarán á disposición das persoas que participant nas actividades do programa municipal de atención a maiores, e do 9 ó 14 de xuño poderán mercalas os maiores de 60 anos empadroados en Narón, que non participan nas actividades municipais. O Encontro Municipal de Persoas Maiores está organizado pola Concellería de Persoas Maiores e o Servizo Sociocomunitario Municipal, en colaboración co movemento asociativo de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal