Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA PROGRAMA UNHA DECENA DE ESPECTÁCULOS PARA PÚBLICO INFANTIL E XUVENIL DE SETEMBRO A DECEMBRO DE 2020
O PADROADO DA CULTURA PROGRAMA UNHA DECENA DE ESPECTÁCULOS PARA PÚBLICO INFANTIL E XUVENIL DE SETEMBRO A DECEMBRO DE 2020
As entradas para os espectáculos desta oferta cultural, dirixida a público infantil, xuvenil e familiar, están xa á venda na billeteira do Pazo da Cultura para público en xeral
Narón, 29 de xullo de 2020. A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou a calidade da programación dos espectáculos que se poderán ver entre os meses de setembro e decembro no Pazo da Cultura de Narón. `Trátase dunha programación variada e de calidade, dirixida ao público infantil e xuvenil e con artistas de recoñecido prestixio, que constata un ano máis a firme aposta que o Concello de Narón realiza a través do Padroado da Cultura por esta área na nosa cidade`, manifestou Ferreiro.
Nesta oferta cultural colaboran a Rede Galega de Teatros e Auditorios, Xacobeo 2021, Rede cultural da Diputación da Coruña e Redelae (Rede europea latinoamericana das artes escénicas). As entradas para estes espectáculos xa están dispoñibles para a venda ao público xeral.
A primeira das citas programadas no Pazo será o domingo 20 de setembro ás 18.00 horas cando a compañía Fantoches BAJ subirá áo escenario co espectáculo de monicreques ´Os golfiños e o xigante´, unha fábula de superación con final feliz que foi ´Premio Barriga Verde´de textos para monicreques na súa modalidade infantil no 2016.
O domingo 4 de outubro ás 18.00 horas, a compañía I wanna management, S.L. leva ao escenario o espectáculo ´Rock en familia. Descubriendo a The Beatles´ no que a través de contacontos e unha grande banda tributo descúbrese nesta ocasión á banda recoñecida como a máis exitosa comercialmente e a máis encomiada pola crítica na historia da música popular.
O domingo 11 de outubro ás 18.00 horas a compañía SESNARMIGA S.L. traerá ao Pazo o espectáculo ´Rock en familia. Descubriendo a Queen´. Nesta ocasión a música e o contacontos descubriranos a Queen, calificado nunha enquisa da BBC no ano 2007 como ´o mellor grupo británico de todos os tempos´.
O domingo 18 de outubro ás 18.00 horas será o turno da compañía Teatro de Malta con `Cenicienta siglo XXI´, un espectáculo no que rir, emocionarse, soñar e amar, que se asenta sobre a idea de que as persoas protagonistas dos grandes cambios sociais que habemos de ver, están sentados no patio de butacas.
O domingo 25 de outubro, ás 18.00 horas, a compañía Viravolta títeres trae ao escenario do Pazo soños cheos de humor, de perigos, de sobresaltos, de monstros e de aventuras, ´Contos ao pé da cama`. Dirixido aos máis pequenos, combina distintas técnicas de manipulación (varas, fíos, sombras e luva).
O domingo 1 de novembro, ás 18.00 horas, a compañía Títeres cachirulo representará o espectáculo `Xurásico perdido´cun arqueólogo, Florentino Amechuino, que descobre un dinosaurio do xurásico moi peculiar.
O domingo 8 de novembro, ás 18.00 horas, a compañía Vol music events trae un musical, `Recuérdame: el tributo a Coco`, baseado nunha das películas máis entrañables de todos os tempos e que emocionará a público de todas as idades.
O domingo 15 de novembro, ás 18.00 horas, a compañía Teloncillo ofrecerá o espectáculo ´Cocina”´. Un escenario en branco e negro con algunhas pinceladas de cor que nos dan os froitos, cubertos, cazolas, mandís, vaixelas, etc. será a excusa para achegar a poesía, a música, o ritmo e as cancións aos máis pequenos, partindo de poemas de importantes autores e autoras.
O domingo 22 de novembro, ás 18.00 horas, a compañía Ghazafelhos, nunha adaptación libre da obra de Carlo Collodi por Pepablo Patinho, contaranos a historia de ´Pinocchio´, ese títere universal que agacha un segredo no seu corazón de bidueiro. Unha posta en escena que combina os títeres, teatro actoral e música en directo.
Como remate da programación do Padroado da cultura para público infantil e xuvenil neste ano, o domingo 20 de decembro, ás 18.00 horas, a compañía Kooxcenter S.L. trae ao Pazo o espectáculo ´Cuento de Navidad´. Un guión revisado e actualizado faranos viaxar ao nadal de final de século XIX, sen perder a esencia da obra orixinal do escritor británico Charles Dickens. Unha entrañable historia en formato musical para toda a familia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
16
18
19
20
24
25
26
27
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal