Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NOS TRABALLOS EN ALTURA E NOS ESPAZOS CONFINADOS
Dirixido a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no concello de Narón
Narón, 31 de xullo de 2020. O Concello abrirá o vindeiro luns, día 3 de agosto, o prazo de inscrición nun curso de ´Prevención de Riscos Laborais nos traballos en altura e nos espazos confinados´ que se impartirá no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Os contidos incluirán formación en sensibilización medioambiental e perspectiva de xénero e tres charlas relacionadas coa empregabilidade no sector naval, a implementación das medidas de prevención e a revisión dos EPIs e o seu mantemento. Ademáis realizarase unha visita didáctica. As horas de formación totais serán 28 (16 horas de Prevención de Riscos Laborais e 12 horas de módulos adicionais) e as datas previstas para a súa impartición serán do 17 ao 25 de agosto de 2020 en horario de tarde (15.30 a 19.30 horas) de luns a venres. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que haberá un total de 15 prazas, destinadas a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón que non deben ter concedido outro curso do Programa Municipal de Formación coincidente temporalmente na realización. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Narón, e se entregarán no 1º andar do concello, entrada pola Praza de Galicia, así mesmo a través da Sede Electrónica, e polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O plazo de presentación das solicitudes rematará ás 13.00 horas do día 10 de agosto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal