Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO ÁS REPRESENTANTES DA ASOCIACIÓN BOLBORETAS NO CEO NORTE, CONSTITUIDA NO CONCELLO O PASADO MES DE MAIO
As representantes da entidade manifestaron o seu agradecimento pola acollida no Concello e o apoio ao traballo que desenvolverán no municipio
Narón, 06 de agosto de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, acompañada polo edil de Sanidade, Santiago Galego, recibiu ás representantes dunha nova entidade constituida na cidade o pasado mes de maio, a Asociación Bolboretas no Ceo Norte. A presidenta da entidade, Almudena Rodríguez, e a vicepresidenta, Beatriz Brage, acudiron á xuntanza na que explicaron a Ferreiro os obxectivos da asociación que ten como base o apoio ás familias que perderon aos seus fillos e fillas durante a xestación ou ao pouco de nacer. Asi mesmo manifestaron a intención de impulsar accións no municipio naronés que incluirán labores de acompañamento e apoio psicolóxico, e un traballo de concienciación e visibilización das circunstancias en que se atopan aquelas persoas afectadas directamente por estas perdas. A alcaldesa felicitou ás representantes da Asociación Bolboretas no Ceo Norte pola labor social que inician no Concello de Narón e que redundará en beneficio das persoas que o precisen e contribuirá a sensibilizar á sociedade en xeral nestes temas tan importantes na vida da comunidade. Ferreiro manifestou o apoio do Concello á hora de programar actividades dirixidas á cidadanía. Pola súa parte, o concelleiro de Sanidade desexou unha satisfactoria actividade e agradeceu o bo traballo que sen dúbida desenvolverán no municipio. As representantes da entidade manifestaron o seu agradecemento á acollida por parte do Concello e o apoio para o labor que van desenvolver. As persoas interesadas en contactar coa asociación poden facelo a través do correo electrónico:bolboretasnoceonorte@gmail.com ou nas páxinas da entidade nas plataformas de Facebook e Instagram a través de @bolboretasnoceonorte.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal