Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ ESTE XOVES O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "PRODUCIÓN ECOLÓXICA E COMERCIALIZACIÓN"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que o prazo de inscrición manterase aberto do 20 ao 27 de agosto
Narón, 18 de agosto de 2020. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición, o vindeiro xoves, día 20, nun curso de “Produción ecolóxica e comercialización”, do Programa municipal de Formación. Esta acción formativa conta cun total de 15 prazas e impartirase previsiblemente do 3 de setembro ao 26 de novembro nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara e nas instalacións e fincas que se determinen para levar a cabo as prácticas, tal e como avanzou a edil naronesa. Hermida recordou que o curso se dirixe a persoas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos, desempregadas e que non teñan concedido outro curso do Programa municipal de Formación coincidente temporalmente na realización. O curso terá unha duración de 295 horas, e o alumnado recibirá formación sobre: Explotacións ecolóxicas, Aproveitamento de recursos e manexo do chan ecolóxico, Labores culturais e recolección de cultivos ecolóxicos, Identificación das diferentes canles de comercialización, Realizar a venda de produtos e/ou servizos ecolóxicos… Así mesmo, entre as materias tamén se contemplan módulos transversais sobre a perspectiva de xénero, a Orientación laboral e busca de emprego, as Novas tecnoloxías aplicadas á acción formativa, o Emprendemento, a Sensibilización medioambiental e dúas charlas con profesionais do sector e expertos en selección de persoal. As clases impartiranse entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, tanto na aula como a parte práctica nas fincas. Hermida informou que as solicitudes de inscrición se poden presentar dende este xoves ás 8.30 ata o 27 de agosto ás 13.00 horas no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse á páxina web do Concello de Narón, no enlace: http://www.naron.es/web/docs/curso_producion_ecoloxica.pdf ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal