Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO REFORZA A DESINFECCIÓN DE VIAIS E CONTENEDORES DO MUNICIPIO TRALO INCREMENTO DE CONTAXIOS E BROTES DA COVID-19 NA COMARCA
O CONCELLO REFORZA A DESINFECCIÓN DE VIAIS E CONTENEDORES DO MUNICIPIO TRALO INCREMENTO DE CONTAXIOS E BROTES DA COVID-19 NA COMARCA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que dende o pasado mes de marzo se manteñen os traballos de desinfección de viais, espazos e instalacións públicas da cidade
Narón, 20 de agosto de 2020. O Concello reforzará a desinfección viaria e dos contenedores de recollida de lixo con motivo do paulatino incremento de contaxios e brotes da Covid-19 na comarca durante os últimos días. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asegurou que “dende que se decretou o estado de alarma adoptamos as medidas indicadas dende as autoridades sanitarias, incrementándoas en varios casos, para poder ofrecer as máximas garantías preventivas fronte ao coronavirus” e incidiu en que “tralo inicio da desescalada continuaron realizándose as tarefas correspondentes en cada caso, tanto a nivel de espazos como instalacións públicas, debido á situación de alerta sanitaria na que nos atopamos e atendendo a protocolos específicos para cada caso”. A actual situación da pandemia na comarca en xeral levou ao goberno local a reforzar os traballos que se realizan para desinfectar e baldear as rúas do termo municipal e tamén dos contenedores, tal e como indicou a rexedora local.
Ferreiro apuntou que dende o pasado mes de marzo continúan desinfectándose a diario, incluídos os festivos e as fins de semana os parques infantís e biosaudables da cidade –un total de 75 instalacións ubicadas en barrios e parroquias da zona urbana e rural- unhas tarefas que se realizan entre as 7.00 e as 11.00 horas. “Atendendo a un protocolo propio para estes traballos, a empresa responsable do mantemento das instalacións desinfecta con deterxente biocida e atomizadores de mochila este tipo de instalacións e tamén cada semana desinféctase nunha das xornadas con auga e lixivia”, explicou a rexedora local.
Á vista da evolución da pandemia, indicou, “reforzaremos as tarefas de desinfección para continuar mantendo abertos estes espazos públicos nas condicións sanitarias oportunas”, recalcou a alcaldesa. “En función de como vaia avanzando nos vindeiros días a situación sanitaria, dende o goberno local seguiremos establecendo e implantando as medidas que sexan precisas para ofrecer, como fixemos ata o de agora, as máximas garantías sanitarias e preventivas fronte ao coronavirus”, subliñou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
21
22
23
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal