Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RETRASA O INICIO DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES
A edil de Benestar Social, Catalina García, indicou que a medida se adoptou para previr a posible propagación da Covid-19
Narón, 21 de agosto de 2020. O Concello retrasa o inicio das actividades do Programa Municipal de Atención ás Persoas Maiores. Así o anunciou a concelleira de Benestar Social, Catalina García, tras unha xuntanza mantida con persoal técnico do Servizo Sociocomunitario, do Speis e da empresa que xestiona tanto o Centro Comunitario de Maiores das Vivendas da Mariña como o Manuela Pérez Sequeiro. “Debido á actual situación sanitaria decidimos aprazar o inicio das actividades programadas anualmente para velar pola seguridade en xeral e a das persoas maiores e colectivos máis vulnerables en particular”, asegurou García. A edil naronesa avanzou que o vindeiro mes de setembro se reunirán novamente as áreas implicadas para analizar o estado da situación sanitaria dentro dunhas semanas “e en función dos datos manteremos ese aprazamento o tempo que sexa preciso ata poder ofrecer as máximas garantías ás nosas veciñas e veciños e ao persoal que traballa nos centros”. García recalcou que ata que se reúnan as medidas que permitan retomar esas actividades, tanto as dirixidas ás persoas de todas as idades como as específicas para persoas maiores nos dous centros do Concello e tamén as que se impartían en centros cívicos sociais da cidade “non se levará a cabo o programa para evitar na medida do posible a propagación do virus ou a aparición de novos brotes, velando en todo momento pola seguridade das persoas, segundo require a actual situación sanitaria”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal