Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SUSPENDE A CELEBRACIÓN DA "FEIRA DO MOTOR DE NARÓN" DEBIDO Á ACTUAL SITUACIÓN SANITARIA
O evento, organizado polas concellerías de Feiras e Promoción Económica, dirixidas por Santiago Galego e David Pita, respectivamente, íase celebrar os días 5 e 6 de setembro
Narón, 26 de agosto de 2020. O edil de Sanidade e Feiras, Santiago Galego, anunciou a suspensión da celebración da primeira edición da “Feira do motor de Narón”, convocada para os días 5 e 6 de setembro no polígono de Río do Pozo. O edil naronés explicou que “debido á actual situación sanitaria, ante o constante incremento de casos activos de Covid-19 nos últimos días, decidimos cancelar este evento, para o que trataremos de buscar unha data en canto a situación sanitaria permita ofrecer todas as garantías para o desenvolvemento desta feira”. A concellería de Feiras organizou o evento conxuntamente coa de Promoción Económica, presidida polo edil David Pita. A convocatoria tiña como obxectivo impulsar a venda de vehículos –de ocasión, novos, quilómetro cero, motocicletas, autocaravanas…- e de artículos de sectores vencellados ao mundo do motor. “A nosa intención de colaborar co sector é firme, polo que en canto sexa posible convocaremos de novo este evento”, asegurou Galego, que solicitou de antemán desculpas polas molestias que se puideron ocasionar ás persoas que xa tiñan confirmada a súa participación como expositores.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal