Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DO FONDO GALEGO SOBRE "O PAPEL DOS MUNICIPIOS NA CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE"
A edil de Benestar Social, Catalina García, informou que o curso ten 20 prazas e o prazo de inscrición rematará o día 22 deste mes
Narón, 4 de setembro de 2020. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, anunciou a apertura do prazo de inscrición nun curso en liña sobre “Localizando a Axenda 2030. O papel clave dos municipios na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible”, organizado a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. En total haberá 20 prazas e as persoas interesadas poderán anotarse ata o día 22 deste mes, dispoñendo de toda a información no enlace: https://n9.cl/ku2o. O curso terá corenta horas de duración e estrutúrase en catro módulos semanais titorizados por docentes especializados na materia e persoal do propio Fondo Galego de Cooperación, organismo do que forma parte o Concello naronés. A formación terá lugar entre o 5 e o 31 de outubro a través da plataforma virtual da entidade, segundo indicou García. A orixe e os contidos da Axenda 2030, a implementación dos ODS no eido local, a cooperación descentralizada ou as estratexias de comunicación e casos prácticos son os temas nos que se centrará o curso, tal e como avanzaron dende o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Para superar o curso o alumnado deberá realizar traballos prácticos e aprobar a avaliación final. Á hora de seleccionar ao alumnado terá preferencia o persoal das administracións socias do Fondo Galego, debido a que entre os obxectivos desta acción formativa está facilitar o cumprimento da Axenda 2030 nos concellos e deputacións. A matrícula é de balde, ao estar cofinanciada a actividade pola administración autonómica.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal