Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PAGARÁ A VINDEIRA SEMANA 178.000 EUROS DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA MUNICIPAL "NARÓN IMPULSA" A 79 EMPRESAS DA CIDADE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou que mediante este programa municipal se desembolsará das arcas locais unha partida global de 1,3 millóns de euros para axudar a 600 empresas e autónomos da cidade
Narón, 5 de setembro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou que o Concello procederá a pagar a vindeira semana unha partida global de 178.000 euros a un total de 79 empresas e persoal autónomo da cidade. Ferreiro indicou que con esta terceira quenda “completarase o pago das axudas do programa municipal “Narón impulsa”, dotado con tres millóns de euros e a través do que dende o Concello se apostou por paliar os graves efectos da crise da Covid-19 en empresas asentadas na nosa cidade”. A listaxe ao completo cos números de expediente das empresas beneficiarias desta última quenda das subvencións pode consultar na Sede Electrónica do Concello, na resolución final de aprobación e denegación de axudas (co correspondende motivo), a través do enlace: https://cutt.ly/SfnaNDe. A rexedora local explicou que das 79 empresas contempladas nesta última listaxe, un total de 65 recibirán unha contía de 2.000 euros; oito cobrarán 3.000 e as seis restantes 4.000 euros cada unha. “En total, a través do programa “Narón impulsa”, 600 empresas e persoal autónomo que cumpriron os requisitos da convocatoria recibiron xa nalgún caso e recibirán no caso destas 79 empresas, axudas por importe de 2.000, 3.000 ou 4.000 euros, e que suman en conxunto 1.318.000 euros, cantidade aportada dende as arcas municipais para axudar ás empresas da nosa cidade”, destacou Ferreiro. “O sector empresarial sufriu e sofre tamén os efectos desta pandemia, obrigando en moitos casos a pechar tras decretarse o estado de alarma ou mermando os seus ingresos considerablemente, polo que estas axudas municipais contribuirán a reducir esas pérdidas económicas mentres continuamos avanzando neste proceso de “nova normalidade”, apuntou a alcaldesa. Ferreiro destacou “o intenso traballo que nos últimos meses se levou a cabo dende o Concello para que estas axudas sexan unha realidade e para tratar de axilizar na medida do posible todos os trámites precisos para garantir o cumprimento dos requisitos estipulados para que realmente cheguen ás persoas que máis precisan nestes momentos destas axudas e tratar de manter o emprego xerado na nosa cidade, obxectivos para os que se impulsou o programa Narón impulsa”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal