Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALUMNADO DAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS REGRESARÁ A PARTIR DE MAÑÁ ÁS AULAS CUNHA INCORPORACIÓN GRADUAL
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que un total de 112 nenas e nenos de 0 a 3 anos se incorporarán por primeira vez este ano a algunha das tres escolas infantís municipais
Narón, 6 de setembro de 2020. As nenas e nenos matriculados nas tres escolas infantís municipais da cidade, A Solaina, A Gándara e Piñeiros, regresarán a partir de mañá ás aulas de xeito escalonado. Así o anunciou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que indicou que tras contactar a pasada semana con todas as familias, será mañá cando os menores que xa estaban matriculados nestes centros o pasado curso se incorporen progresivamente ás aulas por quendas. “Os primeiros días o horario será máis curto porque as nenas e nenos levan, pola situación excepcional derivada da Covid-19, sen acudir ás aulas dende o pasado 12 de marzo, o que supón un tempo moi longo que precisa dun período de adaptación tamén excepcional”, indicou a edil naronesa. O tempo que pasarán os menores nas aulas aumentará co paso dos días dun xeito gradual e a partir da vindeira semana “xa se ofrecerán os servizos habituais de comedor, con almorzo, xantar e merenda e o horario completo”, asegurou. Esta fase, indicou, coincidirá no tempo co momento da incorporación ás escolas infantís municipais das nenas e nenos que acuden por primeira vez e que tamén seguirán un proceso de incorporación paulatino e por quendas, atendendo a unha planificación previamente establecida”, explicou Taibo”. A concelleira de Ensino recordou que, de media, cada unha das tres escolas infantís municipais terá 80 menores e indicou que, neste novo curso incorporaranse por primeira vez ás aulas un total de 112 nenas e nenos de entre 0 e 3 anos. “Durante o mes de agosto o persoal das escolas infantís municipais comezou a traballar para planificar o inicio do novo curso, realizando os trámites administrativos de matrícula, acondicionando os centros e elaborando protocolos internos que seguen as instrucións do remitido dende a Consellería de Política Social”, explicou a concelleira. Neste período dende o Concello mantivéronse reunións co persoal das escolas infantís municipais e do Speis para planificar a reapertura dos centros e a finais do mes pasado xa se incorporaron a totalidade dos equipos que integran as escolas: educadoras e persoal de servizos. “As medidas de prevención establecidas puxéronse en marcha dende o primeiro momento, tanto entre o persoal como no contacto coas familias para concertar visitas ás instalacións”, recalcou Taibo, que destacou o labor que en materia de prevención fronte ao coronavirus se levou a cabo e se realizará para ofrecer as máximas garantías ao persoal e usuarias e usuarios destes centros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal