Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN INGADA
Marián Ferreiro informou que o Concello aportará 2.500 euros á citada Fundación, que traballa con persoas con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade e as súas familias
Narón, 7 de setembro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou esta mañá un convenio coa Fundación Ingada, presidida por María Elvira Ferrer. O importe do acordo ascende a 2.500 euros, unha contía que permitirá continuar traballando dende o goberno local e a citada Fundación con persoas afectadas por Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), e tamén coas súas familias, tal e como indicou a rexedora local. A Fundación habilitou no ano 2018 en Narón, concretamente nas instalacións do Centro Municipal Manuela Pérez Sequeiros, un Punto de Asesoramento Familiar (PAF). Dende o centro naronés profesionais nesta materia ofrecen -sempre con cita previa, que se pode solicitar na web: www.fundacioningada.net- varios servizos e actividades –asesoría xurídica, formación, grupos de axuda mutua…- ao colectivo con TDAH non só de Narón, senón de toda a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal. A alcaldesa valorou o traballo que se realiza dende este servizo “cun gran equipo profesional que organiza ao longo do ano numerosas propostas para axudar ás persoas con TDAH e ás súas familias, orientándoas e asesorándoas e, ao mesmo tempo, ofrecéndolles unha gran variedade de actividades”. Ferreiro recalcou que dende o Concello “continuaremos apoiando fundacións como Ingada, que poñen á disposición da cidadanía os recursos precisos para mellorar a calidade de vida do colectivo ao que atenden”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal