Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PROGRAMA "NARÓN EN TRANSCIÓN" REMATA ESTE SÁBADO CUN ITINERARIO SOBRE "ECOSISTEMAS URBÁNS"
O PROGRAMA
O prazo de inscrición para cubrir algunha das vinte prazas desta convocatoria está aberto, tal e como anunciou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 7 de setembro de 2020. O Concello convoca o último itinerario do programa municipal de actividades medioambientais “Narón en Transición”, que terá lugar este sábado, día 12, con saída ás 10.00 horas do parque de Freixeiro –inmediacións da Oficina de Turismo- e chegada ao mesmo punto unha vez realizado o itinerario. Así o anunciou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, que explicou que o percorrido co que pechará este ciclo de itinerarios, “Ecosistemas urbáns”, será de case nove quilómetros e que se prevén realizar nunhas catro horas.
O cambio climático, a contaminación e impactos humanos en ríos e costas, o sistema de abastecemento, a sustentabilidade do medio rural fronte ao medio urbano e o patrimonio etnográfico e cultural forman parte dos contidos a abordar nesta proposta. “Entre as actividades que poderán facer as persoas que acudan están recollidas de augas en varios puntos dos ríos Freixeiro e Pedregal para analizalas, unha visita ao tanque de tormentas do Ponto e a lavadoiros para coñecer os usos tradicionais dos recursos hídricos”, segundo apuntou Galego.
As persoas interesadas en acudir –hai un máximo de 20 prazas- deben cumplimentar un formulario que se pode descargar do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/itinerarios-didacticos-naron-en-transicion, debendo envialo á dirección: info@sedega.com ou entregalo na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello (OMIX), no primeiro andar. Galego animou á veciñanza a inscribirse neste último itinerario de “Narón en Transición” e recordou que será obrigatorio acudir con máscara, gardar as distancias de seguridade e cumprir as medidas que se indiquen dende a organización para a prevención da Covid-19.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
 
Concello de Narón - Aviso legal