Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DE CATRO CURSOS DO PLAN DE FORMACIÓN MUNICIPAL PODERÁ RECOLLER NOS VINDEIROS DÍAS OS DIPLOMAS NO CENTRO DE FORMACIÓN IRMÁS FROILAZ
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, explicou que debido á actual situación sanitaria non se realizará unha entrega institucional conxunta dos diplomas
Narón, 11 de setembro de 2020. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que nos vindeiros días se entregarán os diplomas correspondentes a catro cursos do Programa de Formación Municipal: Prevención de riscos laborais (nivel básico); Prevención de Riscos Laborais no sector naval e Medio ambiente Naval; Operador/a carretilleiro/a e operador/a PEMP (UNE) e Prevención de riscos laborais para traballos en altura e en espazos confinados. “En total, 53 persoas recibirán os seus diplomas por rematar con éxito estas accións formativas, que se impartiron entre os meses de xullo e agosto e que, en conxunto, suman casi 200 horas de formación”, asegurou Hermida. A edil naronesa explicou que “debido á actual situación de alerta sanitaria pola Covid-19 non se fará unha entrega institucional conxunta dos diplomas, polo que dende o Centro Municipal de Formación avisarase ao alumnado para informalo de que xa están dispoñibles e poden pasar a recollelos nas citadas instalacións, na Gándara”, a donde deberán acudir con máscara e cumprindo todas as medidas sanitarias de prevención do coronavirus. Un total de once persoas recibirán o diploma do curso de “Prevención de riscos laborais (nivel básico); dezaséis o de Prevención de Riscos Laborais no sector naval e Medio Ambiente no naval; doce o de Operador/a carretilleiro/a e operador/a PEMP (UNE) e os catorce restantes o de Prevención de riscos laborais para traballos en altura e en espazos confinados.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal