Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIU HOXE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CLUB DE LECTURA FEMINISTA
As sesións programadas, nas que se comentarán varias publicacións de diferentes autoras, desenvolveranse no último trimestre do ano, tal e como indicou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 14 de setembro de 2020. A Concellería de Bibliotecas, presidida pola edil Mercedes Taibo, impulsa o Club de Lectura Feminista, unha actividade que se desenvolverá nas instalacións da Biblioteca municipal e para a que se abre hoxe o prazo de inscrición. Os participantes serán un máximo de dez persoas que deben ter o carné da Rede de Bibliotecas de Galicia e as inscricións poden realizarse na Biblioteca –de xeito presencial, a partir das 9.30 horas- ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. O vindeiro 24 de setembro presentarase esta iniciativa ás persoas inscritas ás 18.00 horas nas citadas instalacións municipais. As datas previstas para as xuntanzas do Club de Lectura Feminista son o 8 e o 22 de outubro; o 5 e o 19 de novembro e o 3 e o 17 de decembro. O primeiro dos exemplares sobre o que se traballará nas sesións será “O conto da criada”, que se entregará aos participantes. Nas seguintes convocatorias anunciarase previamente a publicación necesaria, que poderán solicitar en calidade de préstamo na Biblioteca. Taibo recordou que nas sesións se coñecerán e compartirán opinións sobre diversas temáticas, abordadas dende unha perspectiva feminista e partindo de obras de diferentes autoras.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal