Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO 2020/2021 DA LUDOTECA MUNICIPAL
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, animou ás familias con fillas e fillos de entre 2 e 12 anos a inscribilos neste servizo, dende donde se programan varias actividades ao longo do ano
Narón, 18 de setembro de 2020. A Ludoteca municipal da Solaina reabrirá as súas portas o vindeiro luns, día 21, para iniciar os trámites de inscrición do curso 2020/2021. As familias con fillas e fillos de entre 2 e 12 anos que desexen matriculalos poderán facelo os vindeiros días 21 e 22 en horario de 16.00 a 20.00 nas citadas instalacións, ubicadas no número 2 da rúa Cardenal Cisneros, na Solaina. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que a partir do mércores 23 comezarán a acudir os menores nos horarios establecidos, de luns a venres, podendo tamén tramitarse as inscricións na propia ludoteca de 19.00 a 20.00 horas ata esgotar as prazas dispoñibles. A maiores, as persoas que o desexen poderán recoller os formularios de inscrición e a normativa a aplicar pola Covid-19 no Servizo Sociocomunitario municipal –no primeiro andar do Concello- a partir do luns 21 en horario de mañá, de 8.30 a 13.30 horas. Taibo indicou que se ofertarán tres quendas de inscrición na ludoteca, para asistir os luns e mércores de 16.00 a 19.00 horas; os martes e xoves ou os venres, nese mesmo horario, e explicou que terán prioridade as usuarias e usuarios que se inscriban a tempo completo na opción elixida. “Este servizo de conciliación familiar dirixido ás nosas veciñas e veciños funciona como un espazo socioeducativo e no que os menores se socializan a través dos xogos, os xoguetes e os libros”, asegurou a edil. Así mesmo, recalcou que debido á actual situación sanitaria son de obrigado cumprimento as medidas establecidas tanto para o acceso como para o desenvolvemento das diferentes actividades programadas na Ludoteca municipal. O uso obrigatorio de máscara, levando unha de reposto; levar calzado de uso exclusivo para entrar nas instalacións, mantemento da distancia de seguridade interpersoal, que vaia unha única persoa acompañando ao menor e cumprimento estrito dos horarios son algunhas destas medidas. As persoas que desexen recibir máis información poden facelo escribindo ao correo electrónico: ludoteca@naron.es ou chamando ao número de teléfono 981 389 284. A concelleira de Ensino e Bibliotecas animou ás familias de Narón a inscribir ás súas fillas e fillos na Ludoteca municipal “para compartir un tempo de aprendizaxe e lecer con outros menores a través deste servizo municipal, que retomará este mes a súa actividade seguindo o protocolo preventivo da Covid-19 establecido para as instalacións”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal