Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REPARTIRÁ 10.000 MÁSCARAS DONADAS POLO GOBERNO CENTRAL ENTRE ESCOLARES E COLECTIVOS VULNERABLES
As máscaras entregaranse a escolares da cidade e colectivos vulnerables, tal e como indicaron os edís de Sanidade, Santiago Galego, e Promoción Económica, David Pita
Narón, 22 de setembro de 2020. Os edís de Sanidade, Santiago Galego, e Promoción Económica, David Pita, recibiron onte no Concello de mans da subdelegada do Goberno en Galicia, Pilar López-Rioboo, 10.000 máscaras que se repartirán preferentemente entre os centros de ensino da cidade e colectivos vulnerables. A doazón realizouse en virtude dunha campaña de entrega de material impulsada polo Goberno central a través da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) coincidindo co inicio do curso escolar. Os edís naroneses valoraron a doazón realizada e o feito de que a través da mesma se faciliten medios de protección fronte á Covid-19 a colectivos vulnerables.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal