Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O MAGO ANTÓN REPRESENTARÁ ESTA FIN DE SEMANA O SEU ESPECTÁCULO "A VOLTA A GALICIA EN 313 CONCELLOS" NA GÁNDARA E EN SEDES
O edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, avanzou que haberá un total de sete funcións en cada xornada para as que será preciso inscribirse, debido a que cada unha das quendas ten un límite de 30 prazas
Narón, 22 de setembro de 2020. O Padroado da Cultura de Narón, a través da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña organizou varias funcións do espectáculo de maxia do Mago Antón “A volta a Galicia en 313 concellos” na Praza da Gándara e no Centro Cívico Social de Sedes. As citas, de balde, serán esta fin de semana, o sábado e o domingo respectivamente. O edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que as prazas por cada unha das quendas son limitadas -30 espectadores como máximo cada función- e animou á veciñanza a apuntarse o mesmo sábado na Praza da Gándara ou dende hoxe no Centro Cívico Social de Sedes no caso de querer acudir ao do domingo 27. As funcións en ambas xornadas serán ás 11.00, 12.00 e 13.00 horas e tamén en horario de tarde, ás 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas no interior do particular vehículo a través do que o Mago Antón representa o seu espectáculo por diferentes concellos. Con motivo da actual situación sanitaria, tal e como indicou Sánchez Fojo, será obrigatorio acudir con máscara e manter a distancia de seguridade, se ben os asistentes terán á súa disposición xel hidroalcohólico.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal