Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ILUMINARÁ DE COR VERMELLA O PAZO DA CULTURA E A GLORIETA DE FREIXEIRO CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DO CORAZÓN
O edil de Sanidade, Santiago Galego, presentou a iniciativa no Concello co presidente de Amicor, Carlos Piñeiro
Narón, 25 de setembro de 2020. O Concello sumarase o vindeiro día 29 aos actos conmemorativos do Día Mundial do Corazón iluminando de cor vermella na noite do 28 ao 29 o edificio do Pazo da Cultura e a glorieta de Freixeiro. O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego e o presidente da Asociación Amigos del Corazón (Amicor), Carlos Piñeiro, deron a coñecer esta mañá no Concello a iniciativa. O goberno local naronés programaba cada ano a gala “Mulleres en Vermello”, para conmemorar esta data, se ben nesta ocasión debido á pandemia da Covid-19 se optou por iluminar de vermello o Pazo e a rotonda de Freixeiro, tal e como indicou Galego. “Utiliza o corazón” é o lema deste ano do Día Mundial do Corazón, un día, asegurou Piñeiro “no que se trata de sensibilizar á poboación sobre a problemática cardiovascular, unha problemática que causa a morte de case trece millóns de persoas ao ano no mundo e dunhas 123.000 en España”. O presidente de Amicor incidiu en que “o 80% destas mortes poden evitarse se se adoptan medidas de prevención cardiovascular, como evitar o sedentarismo e a hipertensión, coidar a alimentación…”. En relación á actual situación sanitaria Piñeiro incidiu en que “os enfermos cardiovasculares son dos colectivos máis vulnerables á Covid-19, polo que é moi importante manter a distancia social, levar máscara e hixienizar as mans”. O edil de Sanidade destacou a importancia de colaborar con entidades como Amicor para dar visibilidade á actual situación e á importancia de concienciar á cidadanía sobre a importancia de manter hábitos de vida saudables. Dende Narón continuaremos ofrecendo a nosa colaboración para este tipo de iniciativas”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal