Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNOS DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO COLEXIO DE A SOLAINA VISITAN O CONCELLO
O Alcalde respostou ás súas preguntas sobre Educación Vial
Narón, 18 de Xuño de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, compartiu hoxe as butacas do salón de Plenos e as gradas do mesmo con alumnos de 5º de Educación Primaria do Colexio de A Solaina, onde se iniciou o programa de Educación Vial impulsado polo Concello. Os nenos tiveron a oportunidade de visitar o lugar onde se aproban ou rexeitan tódolos proxectos e asuntos de interese para o municipio, e preguntaron ó Alcalde e ó Concelleiro de Seguridade Vial sobre distintas cuestións relacionadas con este tema. Así, Jose Manuel Blanco asegurou ós rapaces que en Narón resulta imposible habilitar un carril-bici nas rúas antigas dado que o ancho das mesmas (8 metros) non o permite. “O que sí os prometo é que nas rúas novas, que iremos abrindo, e nos paseos marítimos sí que o haberá”, dixo. Non obstante, o Concelleiro de Seguridade Cidadá engadiu que “temos que acostumar ós conductores de Narón a que respeten a tódalas persoas que circulan en bicicleta”. Outra das cuestións prantexadas polos estudiantes foi a sinalización dos pasos de peóns. O Edil de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, confirmou que neste verán se realizará o pintado dos pasos situados nas parroquias de Santa Icía e A Gándara. “No mes de setembro estarán xa listos”, comentou. Os responsables municipais tamén explicaron que o Concello está a preparar unha Ordenanza Municipal de Limpeza, que multará ós donos dos animais de compañía que non recollan os seus excrementos da rúa. Ademáis, explicaron que para facer as beirarrúas do CEIP de A Solaina máis anchas –era unha petición dos alumnos- precísase a autorización da Consellería de Educación, para derribar o muro do colexio e gañar espazo. Finalmente, os profesores do CEIP de A Solaina agradeceron ó Concello o seu apoio ó programa de Educación Vial Escolar, que se iniciou de forma pioneira neste centro escolar e neste curso 08-09 extendeuse ó resto de colexios. “Tedes o noso compromise de manter o programa e seguir mellorándoo”, dixo o Alcalde.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal