Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA ASISTIR ÁS CLASES DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MODERNA
Durante este curso impartiranse clases de guitarra, batería e piano, en niveis de iniciación e perfeccionamento, para mocidade de entre 12 e 30 anos
Narón, 16 de Outubro de 2020.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, abre desde hoxe día 16 de outubro o periodo de inscripción para asistir ás clases da Escola de Música Moderna, situada na Casa da Mocidade, en A Gándara, para o curso 2020-2021. As persoas interesadas poden apuntarse –ata esgotar prazas- no Rexistro, situado na pranta baixa do Concello. Durante este curso impartiranse clases de guitarra, batería e piano para mocidade de entre 12 e 30 anos. O Concello tamén ofrece Aulas de Ensaio para os grupos de música. Para solicitar ditas aulas, como mínimo un dos integrantes do grupo deberá ser de Narón e os ensaios estarán operativos de luns a sábado, un máximo de 3 horas á semana por grupo. As clases de guitarra ofrecen un total de doce prazas, 4 prazas por grupo e se corresponden con niveis de iniciación (grupos I y II) e perfeccionamento ( grupo III). Un grupo de iniciación asistirá os luns e mércores de 16:00 a 17:00 horas e outro os luns e mércores de 17.30 a 18.30 horas. O grupo de perfeccionamento de guitarra levarase a cabo os martes de 19.00 a 21.00 horas. Nas clases de batería hai oito prazas dispoñibles, as sesións para o grupo de iniciación serán os luns e xoves de 20.30 a 21.30 horas e para o grupo de perfeccionamento os venres de 16.00 a 18.00 horas. As clases de piano, tamén con oito prazas, terán un horario para iniciación os martes de 16.00 a 18.00 horas e un horario para perfeccionamento de piano os xoves de 16.00 a 18.00 horas. Todas as clases desenvolveranse na Casa da Mocidade e terán un coste de 8,15 ¤/mes por persoa, darán comezo no mes de novembro e rematarán no mes de maio, no caso dos instrumentos, e no mes de xullo no caso das aulas de ensaio. Todas as actividades gardarán as medidas hixiénico-sanitarias de prevención do COVID-19 e contarán cun protocolo de seguridade.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es