Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O PRAZO DE INSCRIPCIÓN NUN CURSO FORMATIVO DE REPOSICIÓN E CAIXA O VINDEIRO 19 DE OUTUBRO
O Concello resérvase a posibilidade de anular este curso no caso de non cubrirse o 60% da participación prevista
Narón, 16 de outubre de 2020.- A Concellería de Formación, dirixida pola concelleira Natalia Hermida, abrirá desde o vindeiro luns día 19 ás 8.30 horas ate o día 26 de outubro ás 13.30 horas o prazo de inscrición para participar nun curso de Reposición e Caixa dirixido a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón. En total ofértanse 15 prazas e levarase a cabo no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, cun total de 116 horas lectivas, e datas previstas de impartición desde o día 2 de novembro ate o día 4 de decembro. Poderán ser admitidas solicitudes fora de prazo sempre que existan prazas vacantes. As persoas admitidas no curso terán que entregar o día de inicio do curso (no Centro Municipal de Formación) o DNI e a tarxeta actualizada como demandante de emprego. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Narón, Sede electrónica, e polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Públicas. As persos interesadas poden consultar máis información na sección de Servizos, Formación e Actividades Municipais da páxina web do Concello, ou contactar co Servizo Sociocomunitario, Teléfono 981 33 77 00, Extensión 1120 e 1123

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es