Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS NARONESES JOSÉ PRIETO, CELIA GONZÁLEZ E FLOR MACEIRAS, GALARDOADOS NOS "XXIV PREMIOS MARÍA CASARES"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, felicitou aos premiados e destacou o labor que desenvolven dentro e fóra de Galicia para facer de Narón un referente no mundo do teatro
Narón, 10 de novembro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, felicitou publicamente ás persoas galardoadas na vixésimo cuarta edición dos Premios María Casares, cuxa entrega se realizou onte de xeito virtual debido á actual pandemia pola Covid-19, e dun xeito moi especial ao director naronés José Prieto, á actriz naronesa Celia González e á directora da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón, Flor Maceiras. “É un orgullo para esta cidade este recoñecemento ao traballo de José Prieto, Celia González e Flor Maceiras, tres das persoas que levan o nome de Narón aló por donde van cos seus espectáculos e cunha gran traxectoria profesional”, asegurou Ferreiro. A obra teatral “Bernarda”, de José Prieto, obtivo tres galardóns, ao mellor espectáculo, dirección e texto orixinal; a naronesa Celia González foi premiada como mellor actriz secundaria e Flor Maceiras recibiu o galardón de honra Marisa Soto. A rexedora local reafirmou a defensa do goberno local polo sector cultural e recalcou que “en Narón tentamos manter toda a programación que tiñamos prevista, adaptándonos á normativa vixente, e aprazando espectáculos no caso de que non sexa posible levalos a cabo, porque entendemos que ao igual que outros sectores, o cultural precisa do apoio das administracións para poder, cando menos, aliviar as graves consecuencias desta pandemia”. “Grazas a persoas como José Prieto, Celia González e Flor Maceiras, entre outros, Narón é un referente dentro e fóra de Galicia a nivel teatral”, subliñou Ferreiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal