Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EMPRESA COSMA PRESENTA UN ORZAMENTO DE PRETO DE CINCO MILLÓNS DE EUROS PARA O VINDEIRO ANO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a xuntanza celebrada hoxe vía telemática e na que se presentaron tamén investimentos por un importe duns 800.000 euros
Narón, 12 de novembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá unha reunión do Consello de Administración de Cosma, na que participou a través de videoconferencia a parte privada da citada empresa mixta. Ao longo da sesión presentouse o estudo e proposta á Xunta Xeral de Accionistas dos orzamentos da empresa para o vindeiro ano, que se someterá a aprobación plenaria, seguindo a tramitación oportuna. Ferreiro explicou trala convocatoria que o orzamento da empresa para o ano 2021 rondará os cinco millóns de euros e avanzou que se destinarán a novos investimentos uns 800.000 euros. En canto ao apartado de investimentos, tal e como se indicou, procederase a ampliar a rede de saneamento na zona do Val-Outeiros, para dotar de saneamento a preto dun cento de vivendas, “co que continuaremos incrementando a implantación deste servizo no termo municipal, habilitando anualmente unha serie de partidas para poder chegar a un maior número de inmobles”. Ferreiro apuntou ademais que de cara ao vindeiro ano “se instalará un sistema de telelectura de contadores en algo máis de 1.600 equipos, naquelas zonas nas que se localiza un maior número deles localizados en zonas interiores e de difícil acceso para os lectores de Cosma e que permitirá dispoñer de datos diarios de todas as lecturas e avisos no caso de que se rexistrasen fugas ou incidencias no servizo no interior das vivendas”. Finalmente, entre as intervencións presentadas hoxe, a alcaldesa e presidenta de Cosma tamén anunciou a renovación e reforma que se levará a cabo na rede da estrada do Trece, cunha canalización de fibrocemento, no tramo entre Malde Vizoso e Pena Parda. Así mesmo, explicou, instalarase un grupo de presión para dar servizo de abastecemento á zona de Ferrerías, na que actualmente se está instalando a rede de saneamento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal