Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU HOXE DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COS PRESIDENTES DAS ANPAS DO CPI O FEAL E O CEIP VIRXE DO MAR
A ALCALDESA ASINOU HOXE DOUS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COS PRESIDENTES DAS ANPAS DO CPI O FEAL E O CEIP VIRXE DO MAR
Marián Ferreiro recordou que mediante estes acordos mantivose nos centros o programa de Educación para a saúde-Nutrición escolar, cancelado dende o pasado mes de marzo debido á actual situación sanitaria
Narón, 20 de novembro de 2020. A alcaldesa de Narón asinou esta mañá dous convenios de colaboración con Antonio Montenegro e Rubén López, presidentes das ANPAS “O Buxato”, do CPI O Feal e “Galatea”, do CEIP Virxe do Mar, respectivamente, por un importe conxunto de 6.400 euros. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, estivo tamén presente na convocatoria, que tivo lugar no Consistorio.
En ambos casos, o obxecto do convenio, tal e como indicou a alcaldesa, é o desenvolvemento da actividade de comedor escolar de almorzos para os días lectivos, a través do programa de “Educación para a saúde-Nutrición escolar” no municipio, que permanece cancelado dende o pasado mes de marzo debido á actual situación sanitaria. Con este servizo apóstase por mellorar a nutrición infantil en idades de 3 a 12 anos nos períodos matutinos e crear entre os menores unha serie de hábitos como a hixiene buco-dental e de inxestión de menús de almorzos equilibrados.
A maiores, tamén mediante este programa se practican destrezas e habilidades relacionais con xogos cooperativos e ofrécese ás familias unha iniciativa encamiñada a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral, segundo recalcou Ferreiro.
O programa de Educación para a saúde-Nutrición escolar e de conciliación desenvólvese nos citados centros os días lectivos entre as 7.30 e as 9.00 horas, tal e como recordou a alcaldesa, que destacou a acollida que ten entre as familias da cidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
14
15
16
18
19
20
24
25
26
27
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal