Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO PRESENTOU HOXE NO PAZO DA CULTURA O "PLAN DE IGUALDADE COEDUCATIVO" DE NARÓN
O CONCELLO PRESENTOU HOXE NO PAZO DA CULTURA O
As edís de Ensino, Mercedes Taibo, e Igualdade, Mar Gómez, presentaron o documento ante as directoras e directores dos centros de ensino da cidade
Narón, 27 de novembro de 2020. As concelleiras de Ensino e Igualdade, Mercedes Taibo e Mar Gómez, respectivamente, presentaron hoxe no Café Teatro do Pazo da Cultura o “Plan de Igualdade Coeducativo do Concello de Narón” xunto con persoal que traballou no documento. Directoras e directores de centros de ensino da cidade acudiron á convocatoria, na que se explicou polo miúdo o documento, desenvolvido por persoal do Servizo Sociocomunitario municipal e no que participaron os centros de ensino da cidade. Inicialmente Taibo e Gómez agradeceron a asistencia ao acto de tódolos presentes e tamén o labor desenvolvido polo persoal que traballou neste documento.
“Gustaríanos poder convidar ás Anpas, alumnado, representantes dos Consellos Escolares, pero dada a situación sanitaria non é recomendable”, explicou Taibo. A edil indicou que o Plan presentado hoxe “pretende ser un documento de traballo no que se establecen actuacións dirixidas a mellorar as situacións de desigualdade no ámbito escolar, encamiñadas a lograr a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes”.
Así mesmo, recalcou que a necesidade dun Plan de igualdade nos centros escolares “xustifícase porque a pesar dos progresos neste ámbito faise necesario continuar traballando neste sentido porque queda moito camiño por percorrer”.
No transcurso da xuntanza explicouse a estructura e os eixos do Plan de Igualdade Coeducativo, podendo as directoras e directores formular as cuestións que consideraron oportunas. A imaxe do Plan representa a diversidade e a igualdade e para a recollida de datos utilizáronse enquisas en liña e tamén se fixeron grupos de debate. Deses datos obtivéronse unha serie de conclusións que permitirán levar a cabo medidas e accións para desenvolver a través do Plan de Igualdade intercentros de ensino do Concello de Narón. En total contémplanse seis eixos: centros educativos, linguaxe inclusiva, familia, LGTBIQ+, Bibliotecas e Patios e comedores educativos establecéndose para cada un deles uns obxectivos específicos a acadar durante a vixencia do plan, ata o ano 2023.
O Plan remata cun glosario e uns modelos de fichas que poderán cumplimentar nos centros e cunha recompilación do material didáctico e de consulta editado polo Concello de Narón.
A convocatoria de hoxe enmárcase no programa de actos deseñado polo Concello para conmemorar o 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
 
Concello de Narón - Aviso legal