Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "MÉTODOS DE CONSERVACIÓN" QUE SE CELEBRARÁ NO VAL
A convocatoria terá lugar os días 5 e 6 de decembro nas instalacións do centro cívico social do Val, tal e como indicou o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 28 de novembro de 2020. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita e Fracisco Javier Castro, representate da AVV Os Irmandiños do Val, anunciaron a próxima celebración, os días 5 e 6 de decembro, dun novo curso sobre “Métodos de conservación”. A convocatoria terá lugar nas instalacións do Centro Cívico Social do Val entre as 10.00 e as 14.00 horas. As prazas, tal e como indicou Pita, son limitadas, atendendo ás novas indicacións sanitarias sobre aforo para este tipo de eventos, e cubriranse por orde de inscrición. As persoas interesadas en acudir poden anotarse, de balde e ata o vindeiro día 3 de decembro a través do correo electrónico: promocioneconomica@naron.es. O edil naronés recordou que hai unhas semanas se realizou un curso similar e debido á excelente acollida que tivo, quedando moitas persoas inscritas sen poder realizado debido ás limitacións do aforo, optouse por organizar esta nova convocatoria, centrando a temática no peixe. “Queremos ofrecer á xente a posibilidade de aprender a facer conservas de pescado e outras elaboracións en salazón, afumados… porque é un xeito de dar unha saída a estes produtos e tamén de mantelos no tempo en condicións óptimas”, explicou. Pola súa banda, o representante da AVV do Val explicou que a convocatoria destas iniciativas ten entre os seus obxectivos “promocionar os produtos da pesca para darlles un valor engadido e recoñecer o bo produto que temos nesta zona”. Os diferentes métodos de conservación de peixes e mariscos, as conservas en vinagre/cebiche, salgadura, escabechado, ao baleiro, afumado e desecado serán os temas sobre os que se profundizará neste obradoiro, no que os participantes elaborarán escabeche, conservas en vinagre/cebiche e ao natural, tal e como se avanza no programa. “Non vai haber problema en repetir o curso para dar ese valor engadido a este tipo de produtos alimenticios no caso de que continúe a demanda para asistir e o Concello continuará impulsando nos vindeiros meses novas iniciativas co Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte”, recalcou Pita. O concelleiro animou á veciñanza a acudir e recordou que esta convocatoria está patrocinada polo Grupo de Acción Pesqueira Golfo Ártabro Norte, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca, colaborando tamén a Confraría de Mariscadores de Barallobre, a Asociación Agroforestal Terra Rendible e a AVV Os Irmandiños, do Val.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal