Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PROGRAMA DE OCIO INFANTIL "A LUDOTECA NA COMUNIDADE"
Se desenvolve en Agosto en distintos barrios de Narón, e poden participar nen@s, pais e nais.
Narón, 10 de Agosto de 2009.- A Concellería de Infancia de Narón, dirixida polo edil Miguel Hermida e da que forma parte a Ludoteca municipal de A Solaina, levará a cabo durante o mes de agosto o programa “A ludoteca na comunidade”. Trátase dunha iniciativa na que poderán participar nen@s de entre 3 e 12 anos de idade e as súas familias, que os axudarán na realización das actividades propostas. O programa en cuestión consistirá na realización de actividades con material de refugallo, fundamentalmente caixas de cartón, coas que se realizarán diferentes construccións como casas, decorados, castelos e castros. Para materializar estas propostas, os participantes deberán contar coa axuda dos seus pais/nais, avós e/ou outros membros da familia. O Concello pretende así achegar a ludoteca á comunidade e promover a participación dos nenos e nenas, ademáis das súas familias. Tamén búscase ofrecer novas alternativas de ocio e tempo libre para os máis pequenos durante o verán, e ofrecer á comunidade o acceso ó xogo educativo, diverso e enriquecedor. A práctica destos xogos grupais favorece, ademáis, a socialización dos participantes, o fomento dos hábitos de convivencia e a diversión compartida. Trátase tamén dunha nova forma de relación entre pais, nais e fillos/as, a través da cooperación e os traballos grupais, facendo incapé no respeto ó medioambente a través da reciclaxe. Ademáis do obradoiro de construcción de xoguetes con caixas de cartón, o programa de “A ludoteca na comunidade” inclúe a realización de xogos tradicionais, coma o pano, saltar á corda ou á chapa. Tódalas actividades son gratuitas e non fai falla preinscripción para participar nelas. O horario previsto é de 11:30 a 13:00 horas, e as datas e lugares de realización son os seguintes: Mércores 12 de agosto: Parque da Constitución (Santa Icía). Martes 18 de agosto: Parque das Vivendas da Mariña (Virxe do Mar). Xoves 20 de agosto: Pista de A Solaina (xunto á Escola Infantil Municipal). Martes 25 de agosto: Praza da Gándara. Luns 31 de agosto: Praza de Galicia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal