Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REPARTE 1.500 CALENDARIOS DE SOBREMESA ILUSTRADOS CON IMAXES DO "XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, indicou que se entregarán no Rexistro municipal ata esgotar existencias e tamén poderán descargarse da web e do Facebook do Concello en formato PDF
Narón, 21 de decembro de 2020. Os calendarios de sobremesa con doce imaxes do “XI Concurso de Fotografía Cidade de Narón” xa se poden recoller no Concello. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, indicou que “editamos un total de 1.500 calendarios coas doce imaxes que obtiveron a maior puntuación da undécima edición do Concurso de Fotografía e poderán solicitarse ao persoal de Rexistro, na planta baixa, que os entregará ata esgotar as unidades dispoñibles”. O calendario, ao igual que en anos anteriores, dispón ademais dos teléfonos de interese do Concello e, tal e como avanzou a edil naronesa, poderá descargarse en formato PDF a través da páxina web do Concello e do Facebook do Concello de Narón. “Con este calendario queremos un ano máis difundir unha parte das fotografías que se presentaron ao certame, das que tres levaron un premio en metálico, as que ilustran os meses de xaneiro, febreiro e marzo, pero que xunto coas outras 83 presentadas nesta edición do concurso amosan parte da riqueza natural, cultural, patrimonial… da nosa cidade”, explicou Hermida. A concelleira de Turismo animou ás veciñas e veciños que o desexen a que se acheguen ao Concello para solicitar algún destes calendarios de sobremesa cos que se ilustran os meses do vindeiro ano.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal