Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CIDADE DOS AGASALLOS, PAPÁ NOEL ONLINE E UN CONCERTO DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA CENTRAN ESTES DÍAS A ACTIVIDADE DO PROGRAMA "NARÓN NADAL 2020"
O Pazo da Cultura acollerá a maior parte das propostas, se ben mañá no Facebook do Concello Papá Noel dirixirá unha mensaxe ás nenas e nenos, que poderán falar por mensaxería instantánea cos elfos
Narón, 23 de decembro de 2020. O programa “Narón Nadal 2020” continúa coa Cidade dos Agasallos no Pazo da Cultura, que se pode visitar ata o venres de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas e o sábado e o domingo en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas. Alí poderán deixar as nenas e nenos as súas cartas aos Reis Magos e gozar dun espazo ambientado para recibir o vindeiro día 5 a Melchor, Gaspar e Baltasar. A semana que vén tamén poderá visitarse a Cidade dos Agasallos, os días 28, 29 e 30 de decembro e 4 de xaneiro en horario de mañá e tarde e o 2 e 3 de xaneiro só pola mañá. O recibimento aos Reis Magos será o día 5 – de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas- pero para poder asistir será preciso reservar previamente entrada, a partir deste sábado, día 26, no teléfono da billeteira do Pazo -981 108 897- ou presencialmente nas citadas instalacións, ata completar a capacidade. A programación do Concello inclúe moitas máis propostas dirixidas a público familiar e infantil esta semana. Entre elas, mañá mesmo terá lugar a iniciativa Papá Noel online, que se desenvolverá a través do Facebook do Concello. A partir das 20.00 horas verase o traballo que os elfos realizan no seu taller loxístico de Narón para que os agasallos cheguen a tempo ás nenas e nenos de todas as parroquias e barrios da cidade. A continuación será o propio Papá Noel o que se dirixirá aos menores cunha mensaxe e finalmente terán a oportunidade de falar por mensaxería instantánea cos elfos. As propostas para esta semana continuarán o domingo 27, co espectáculo de Uxía Lambona e a Banda Molona. A partir das 18.00 horas presentarán no Pazo o disco “Astronauta sideral”, no que se recollen varios clásicos populares cun toque particular e que se combinan con outros temas propios da banda e de diferentes estilos musicais. As entradas para ver este espectáculo están esgotadas dende hai uns días, ao completarse o aforo de 250 persoas permitido ante a actual situación sanitaria.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal