Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "OPERACIÓNS BÁSICAS DE COCIÑA"
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE
Natalia Hermida, concelleira de Formación, recordou que o curso se dirixe a persoas empadroadas en Narón, desempregadas e maiores de 18 anos
Narón, 16 de xaneiro de 2021. O Concello abrirá o vindeiro luns, día 18, o prazo de inscrición nun curso de Operacións básicas de cociña dirixido a persoas maiores de 18 anos, desempregadas, empadroadas en Narón e que non teñan concedido outro curso do programa municipal de formación coincidente nas datas nin cunha avaliación negativa en cursos da programación municipal neste mesmo sector nos últimos tres anos. En total ofértanse doce prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, tal e como avanzou a edil responsable da área de Formación, Natalia Hermida.
A concelleira explicou que o curso consta dun total de 385 horas que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara e nas instalacións das empresas colaboradoras en prácticas entre o 1 de febreiro e o 25 de maio, segundo as actuais previsións. As clases serían en horario de 9.00 a 14.00 en aula, de luns a venres, e as prácticas nas empresas no horario que se determine, a razón de cinco horas diarias.
Hixiene alimentaria no sector de cociña e hostalería, deontoloxía profesional, zonas, maquinaria, batería e ferramentas, materias primas, cortes básicos de hortalizas, fondos e caldos na cociña, técnicas de conservación de alimentos, cortes e manipulación dos diferentes alimentos, terminoloxía básica de cociña… forman parte dos contidos que abordará o alumnado.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 25 de xaneiro ás 13.30 horas e as solicitudes poden presentarse no Rexistro do Concello (en horario de 8.30 a 13.30); na Sede Electrónica –www.sedeelectronica.naron.es- ou en calquera dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da LEi 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
As persoas que desexen recibir máis información sobre este curso poden consultar a web municipal, a Sede Electrónica ou contactar co Servizo Sociocomunitario a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).
“A vindeira semana dará comezo o primeiro dos cursos do Programa Municipal de Formación correspondente a este ano, sobre Prevención de Riscos Laborais, e continuamos avanzando nesa programación co fin de ofrecer ás nosas veciñas e veciños novas oportunidades para incrementar a súa formación de cara a unha posible futura inserción no mercado laboral en diferentes áreas”, subliñou Natalia Hermida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal