Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
AVANZAN OS TRABALLOS DE REFORZO DO PETO DA CUBERTA DO CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
AVANZAN OS TRABALLOS DE REFORZO DO PETO DA CUBERTA DO CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, destacou o investimento realizado e avanzou que os traballos estarán rematados a finais do vindeiro mes de febreiro
Narón, 20 de xaneiro de 2021. Os traballos de reparación do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros avanzan a bo ritmo. Así o anunciou o edil de Servizos, Ibán Santalla, que recordou que a intervención se adxudicou a finais do pasado ano, dando comezo os traballos previstos no mes de decembro. “A actuación programada na citada construción permitirá reforzar o peto da cuberta do edificio, que se recubrirá cunha estrutura metálica en forma de miniondas, o que suporá un investimento duns 37.000 euros”, asegurou o edil naronés.
Santalla explicou que en setembro de 2020 “xa levamos ao pleno unha partida global na que se incluía a intervención que se está acometendo no edificio, porque consideramos que se trata dunha obra necesaria e que complementa a outras actuacións que se impulsaron dende o goberno local nestas mesmas instalacións municipais para mellorar a calidade dos servizos e a seguridade nas instalacións tras decretarse a actual crise sanitaria”. Ao respecto o concelleiro de Servizos indicou que tras decretarse o estado de alarma “adaptáronse as salas e ampliouse a superficie dalgunha delas para ofrecer ás usuarias e usuarios das citadas instalacións as máximas garantías de seguridade á hora de desenvolver as actividades que se programaron neste centro”. Esas tarefas, tal e como recordou, supuxeron ás arcas locais un desembolso que rondou os 14.000 euros.
Tralo parón debido á tempada de Nadal no sector da construción este mesmo mes retomáronse os traballos para reforzar o peto da cuberta, unha actuación que, segundo apuntou Santalla, estará rematada a finais do vindeiro mes de febreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal