Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REDUCIU O PASADO ANO O PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES A MENOS DE 17 DÍAS
A alcaldesa, Marián Ferreiro incidiu na importancia de axilizar os pagos para ofrecer liquidez ás empresas e proveedores que traballan para a administración nuns tempos moi complicados debido á actual pandemia
Narón, 27 de xaneiro de 2021. O período medio de pago a proveedores no Concello de Narón pechou no último trimestre do pasado ano nun máximo de 16,61 días. A alcaldesa, Marián Ferreiro, valorou este dato destacando o feito de que “esa cifra de finais de ano representa unha gran baixada con respecto a inicios do anterior exercicio, dado que no primeiro trimestre de 2020 era de 24,37 días, polo que é un dato moi positivo”. A rexedora local destacou o labor desenvolvido polo persoal do Consistorio “para reducir considerablemente esa cifra, o que supón que os pagos que se realizan ás empresas se axilizaron considerablemente, un obxectivo que cobra especial importancia atendendo á actual situación sanitaria, donde moitos sectores tiveron que reducir a súa actividade ou mesmo deixar de prestar os seus servizos debido ás restricións para a prevención da Covid-19”. A alcaldesa subliñou a importancia de acelerar o periodo de pago a empresas e proveedores “para deste xeito ofrecer liquidez e contribuír a aminorar o forte impacto que esta crise está tendo a nivel económico entre o colectivo debido á actual pandemia”. Ferreiro asegurou que “dende o goberno local trataremos de manter esa axilidade e, no caso de ser posible, reducir aínda máis dun xeito paulatino o período medio de pago a proveedores por debaixo da media estipulada pola normativa de morosidade, que obriga ás administracións públicas a pagar nun prazo inferior a trinta días”. Así mesmo, avanzou “en Narón continuaremos mantendo unhas políticas económicas que nos permiten ter unhas contas saneadas e sen débeda bancaria dende hai varios anos, o que constata a solvencia deste Consistorio e ao mesmo tempo acredita a boa xestión desta administración e ofrece un certo grado de confianza e garantía a empresas e proveedores á hora de traballar con nós”. “A situación de moitas empresas e proveedores está actualmente ao límite e dende as administracións, cando menos dende Narón así o consideramos, debemos respostar ás súas necesidades máis inmediatas, que pasan nestes momentos por axilizar os pagos por uns servizos que xa nos prestaron”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal