Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DE ROBÓTICA DIRIXIDOS A ALUMNADO DE CENTROS DE ENSINO DE NARÓN
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que a actividade se dirixe rapazas e rapaces de entre 8 e 14 anos e que se prevé desenvolver na Casa da Mocidade
Narón, 29 de xaneiro de 2021. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que permanece aberto o prazo de inscrición e todavía quedan prazas para os obradoiros de Robótica educativa organizados polo Concello dentro do programa Promedex (de actividades extraescolares). A iniciativa diríxese a alumnado de 8 a 11 anos e de 12 a 14 anos escolarizado en centros de ensino de Narón. O obradoiro consta, tal e como indicou a edil naronesa, de unha sesión semanal de hora e media de duración –de luns a venres entre as 16.00 e as 20.00 horas- e celebrarase en horario extraescolar na Casa da Mocidade. “Esta actividade ten xeralmente moi boa acollida entre as rapazas e rapaces da cidade porque achega unha serie de contidos sobre robótica dun xeito lúdico que lles permite aprender cuestións tecnolóxicas a través do xogo”, explicou. Construcción e programación de robots; funcionamento dun ordenador, conceptos básicos de programación por bloques, creación de videoxogos en 2D e programación de drons intelixentes forman parte dos contidos deste obradoiro que se celebrará entre os meses de febreiro e maio. Para asistir aboarase unha taxa de 8,15 euros ao mes, tal e como se estipula na ordenanza do Servizo Sociocomunitario e as solicitudes poden presentarse na Sede Electrónica do Concello –sedeelectronica.naron.es- no Rexistro municipal ou a través de calquera dos lugares establecidos nos artigos 14.1 e 16.1 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das administracións públicas. O formulario está dispoñible na Sede Electrónica, donde se poden consultar todos os datos desta actividade, así como a documentación a presentar. As dez prazas dispoñibles para cada unha das quendas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. A edil de Ensino animou ás alumnas e alumnos de colexios de Narón a anotarse neste obradoiro “no que teredes a oportunidade de fomentar a creatividade, o traballo en equipo e a autoconfianza, así como coñecer máis polo miúdo o mundo da robótica”. A realización da actividade, recalcou, cumprirá con todos os protocolos de normativa sanitaria vixentes en cada momento derivados da prevención da COVID-19. Para solicitar máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1111, 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal