Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABONOU ENTRE MARZO E DECEMBRO DO PASADO ANO 12,8 MILLÓNS DE EUROS A PROVEEDORES
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou importancia ofrecer liquidez ás empresas para nestes tempos complicados poder manter os postos de traballo e a súa actividade
Narón, 30 de xaneiro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, indicou que o Concello naronés realizou trala declaración do estado de alarma ata finais do pasado ano pagos a proveedores por un importe conxunto de 12.846.817 euros. “Dende o goberno local consideramos prioritario na actual situación sanitaria a atención ás persoas, poñendo a disposición das veciñas e veciños todos os recursos dispoñibles dende a administración e tamén se fixo especial fincapé en paliar, na medida das posibilidades do Concello, o impacto económico que supuxo dende o pasado mes de marzo para numerosas empresas e particulares que traballan para esta administración”. Ferreiro recordou “as graves consecuencias que implica a parálise na actividade de determinados sectores ou as mermas na facturación das empresas derivadas das restricións que se aplicaron pola pandemia da Covid-19”. Así mesmo, incidiu en que “ofrecer liquidez a esas empresas para que poidan manter a actividade e os postos de traballo foi tamén unha das prioridades que nos marcamos dende o goberno local, tratando de axilizar os pagos cos proveedores ao máximo para darlles un impulso a eses sectores nuns momentos moi complicados para todos”. A alcaldesa valorou que “entre os meses de marzo e decembro do ano pasado se abonasen máis de 4.100 facturas por un importe conxunto de case trece millóns de euros”: Un feito que se materializou, recalcou, “grazas ao traballo desenvolvido neste caso dende os servizos económicos do Concello naronés e a unha xestión impecable dos recursos económicos desta administración, que ao contar cunha situación saneada ten a posibilidade de conxelar impostos, incrementar as bonificacións para colectivos vunerables e, ao mesmo tempo, afrontar este tipo de situacións con fondos propios, sen ter que recurrir a endebedamento bancario e ofrecendo liquidez ás empresas polos servizos prestados no Consistorio. Todo isto supón unha inxección económica máis necesaria que nunca nuns tempos moi complicados”. Así mesmo, recordou que tamén o ano pasado “se reduxo no último trimestre do ano o período medio de pago a proveedores, baixándoo a menos de 17 días cando a lei marca un tope de 30 días. “Queremos manter esa liña e na medida do posible tentar baixar aínda máis ese prazo porque somos conscientes de que nestes momentos é máis importante que nunca aliviar a presión que sofren en ocasións os proveedores”, subliñou. A rexedora local avanzou que “dende o goberno local continuaremos traballando nesa liña para estimular a economía ante as graves consecuencias desta pandemia, que lamentablemente continúa facendo estragos en varios sectores e empresas a nivel xeral e, en particular, tamén na nosa cidade e comarca”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal