Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NUN VÍDEO PARA CONMEMORAR O DÍA DE ROSALÍA COA LECTURA DA SÚA OBRA
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, animou á cidadanía a participar nesta iniciativa enviando os seus vídeos lendo algún fragmento da obra de Rosalía de Castro
Narón, 10 de febreiro de 2021. O Concello de Narón sumarase un ano máis á conmemoración do Día de Rosalía, coincidindo coa data de nacemento, no ano 1837, da poetisa galega máis internacional. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que o sábado 27 deste mes se publicará un vídeo dunha lectura da obra de Rosalía de Castro, no que poderán participar todas as persoas que o desexen. Para participar é preciso gravar un vídeo, preferentemente en horizontal, lendo un fragmento curto dunha obra de Rosalía, que non sobrepase os 40 segundos, e envialo á dirección: biblioteca.central@naron.es ata o vindeiro sábado 20 de febreiro (incluído). Na mensaxe que acompañe ao vídeo débese facilitar o nome da persoa ou persoas que realizan a lectura e o resultado final desta iniciativa poderá verse o 27 de febreiro na canle de Youtube do Concello e nas contas das redes sociais tanto da Biblioteca de Narón como do Consistorio. “As restricións derivadas da situación sanitaria impiden que celebremos o Día de Rosalía este ano como o soíamos facer, cunha lectura pública da súa obra na Biblioteca municipal, polo que homenaxearémola dun xeito virtual”, asegurou Taibo. A edil naronesa animou ás veciñas e veciños de Narón a sumarse a esta convocatoria gravando os seus vídeos e enviándoos á dirección de correo electrónico anteriormente indicada “para recordar un ano máis a figura de Rosalía de Castro, unha muller que tanto aportou á literatura do século XIX, tal e como se constata co seu legado, e tamén o seu labor en defensa da nosa lingua”. O Concello, a través da Biblioteca Municipal, súmase deste xeito á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en lingua galega de celebrar esta data coa lectura pública da obra de Rosalía de Castro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal