Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE A VINDEIRA SEMANA ÁS INMEDIACIÓNS DE ODEÓN
O persoal de ADOS permanecerá operativo en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas, podendo reservar cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828
Narón, 12 de febreiro de 2021. Unha das unidades móbiles da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o vindeiro martes, día 16, ás inmediacións do Centro Comercial Odeón, na avenida de Cataluña (A Gándara), donde se poderá doar entre as 9.30 e as 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas. Cada día, a maiores dos sete puntos fixos abertos nos hospitais, ADOS despraza dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que se procesan e preparan para atender ás persoas enfermas que o precisen. Debido á actual situación sanitaria e co fin de escalonar a afluencia de doadores/as, trabállase con cita previa para evitar esperas, podendo chamar para reservala ao número de teléfono (de balde): 900 100 828. O persoal das unidades móbiles de ADOS e dos locais de doazón segue estritos protocolos de seguridade con motivo da actual situación sanitaria derivada da Covid-19. Para doar sangue é preciso almorzar previamente e, no caso de xantar, esperar dúas horas antes de acudir a realizar a extracción. Deberase presentar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que se estea tomando algún medicamento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal