Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
XOEL LÓPEZ, PABLO MILANÉS, ALBERTO SAN JUAN, JAVIER GUTIÉRREZ E TETÉ DELGADO, ENTRE OS PROTAGONISTAS DOS ESPECTÁCULOS QUE SE PODERÁN VER NO PAZO ENTRE ABRIL E XUÑO
XOEL LÓPEZ, PABLO MILANÉS, ALBERTO SAN JUAN, JAVIER GUTIÉRREZ E TETÉ DELGADO, ENTRE OS PROTAGONISTAS DOS ESPECTÁCULOS QUE SE PODERÁN VER NO PAZO ENTRE ABRIL E XUÑO
A alcladesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, anunciou que as entradas dos novos espectáculos poranse á venda o 5 de marzo para o público xeral
Narón, 20 de febreiro de 2021. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, anunciou a programación que se desenvolverá dende inicios de abril ata comezos de xuño no Pazo da Cultura. “Teatro musical, concertos, comedias, monicreques… e moitas outras propostas dirixidas a todo tipo de públicos centrarán os espectáculos previstos para os vindeiros meses e entre os que figuran algúns dos que se reprogramaron debido ao peche das instalacións decretado polas medidas preventivas da Covid-19 e tamén outros que ofrecerán novas propostas culturais pensadas para todo tipo de públicos”, asegurou Ferreiro.
A primeira das citas, unha comedia musical, será o sábado 10 de abril ás 20.00 horas, e correrá a cargo da compañía Vaivén Producciones, que representará a comedia musical “Yo, la peor del mundo”, sobre unha muller que se enfronta a todo para acadar a súa liberdade. O 11 de abril programouse un espectáculo para público familiar e infantil, “Xurásico perdido”, de Títeres Cachirulo, ás 18.00 horas –nesta ocasión no Café Teatro- protagonizado polo malvado Katraska e os seus malfeitores e tamén por Ariadna e o seu mestre Florentino, que loitarán por protexer a Xuri, un dinosauro.
A seguinte fin de semana de abril, o día 17 -ás 20.00 horas- estarán no Pazo Antón Reixa e Antela Cid, que representarán a comedia “Melancoholemia”, de Con de Tres Pés SL e na que Reixa interpreta a un paciente dunha institución mental que recibe aos convidados nunha sesión de “portas abertas”. O 18 ás 18.00 horas no Café Teatro poderase ver a peza de teatro musical "Don Gaiferos”, de Os Monicreques de Kukas, que narrarán a viaxe dun peregrino francés.
Os concertos estarán tamén presentes na programación do Padroado da Cultura para o vindeiro abril e o día 23 –ás 20.30 horas- actuará o artista coruñés Xoel López (Udra Producións), que presentará o seu novo disco “Si mi rayo te alcanzara”, o máis variado da súa carreira musical, con dez cancións, e que marca unha nova etapa caracterizada pola evolución deste músico galego. Pecharán a programación de abril outros dous espectáculos teatrais: “Autorretrato de un joven capitalista español”, de Teatro del Barrio, o día 24 -20.00 horas- protagonizado por Alberto San Juan, que se mete na pel dun capitalista que non está disposto a perder todo aquilo que acumulou ao longo da súa vida, e “A lingua das bolboretas”, de Sarabela Teatro, o 30 de abril e o 1 de maio -20.30 e 20.00 horas, respectivamente- no que o espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe do protagonista da man do seu mestre.
No mes de maio continuará a programación con dous concertos, o día 7 -20.30 horas- o que correrá a cargo de Martins Aneiros Band, con música soul, blues e rock, e o día 8 -20.00- o do músico cubano Pablo Milanés, que chega a Narón coa súa nova xira artística deste ano, “Días de luz”, un formato de carácter íntimo e cargado de esperanza e novas composicións. Así mesmo, o día 9 -18.00 horas- terá lugar o espectáculo “Quixote”, de Pedras de Cartón, que aborda a novela máis importante da literatura española cunha estética baseada no pallaso clásico (Fellini) e con achegamentos do clown.
A compañía Teatro do Noroeste estreará en maio no Pazo a comedia “Gloria nacional”, protagonizada por Uxío Rodas, un pintor e escultor que recibe un curioso encargo do goberno e que quedará sumido nunha crise creativa. Poderase ver o venres 14 e o sábado 15, ás 20.30 e 20.00 horas respectivamente. Outra comedia centrará a cita do 22 de maio -20.00 horas-, “Estrela do día”, de Produccións Teatrais Excéntricas, na que cobran especial peso as divinidades, a música, o misterio e o humor, e pechará a programación dese mes o día 23 -18.00 horas- a peza de teatro xestual “Cubo”, para público familiar e infantil e da compañía Elefante Elegante, protagonizado por dous personaxes que viven nun cubo cantan, xogan, rin e berran falando da amizade, do confinamento, e de diversas aventuras.
No mes de xuño poderase ver o día 4 -20.30 horas- a comedia “Sé infiel y no mires con quien”, de Pentación Espectáculos e con Josema Yuste e Teté Delgado entre o seu elenco. Luis e o seu socio Álvaro son propietarios dunha editorial de libros e xunto con Óscar, un deseñador de interiores, e tres mulleres coinciden a mesma noite nun apartamento, xerandose un caos porque pensaban as tres parellas que estaba libre. Finalmente, os días 11 e 12 de xuño -20.30 e 20.00 horas- representarase o drama “Principiantes”, da man de Todas Las Mujeres AIE., e de cuxo elenco forma parte o actor Javier Gutiérrez e que xunto cos tres compañeiros de reparto trata de respostar unha cuestión moi precisa.
Ferreiro recordou que “na actualidade, debido ás restricións derivadas das medidas sanitarias de prevención da Covid-19 o aforo do Pazo está limitado a 250 persoas por sesión -50 no Café Teatro-, con filas bloqueadas para establecer a oportuna distancia de seguridade”. O aforo, indicou, “irase adecuando en cada momento ás indicacións que formulen as autoridades sanitarias e continuranse cumprindo exhaustivamente todas as medidas sanitarias no interior do Pazo para garantir a máxima seguridade”.
A partir do 23 de febreiro e ata o 4 de marzo poranse á venda as entradas para os abonados do Pazo, se ben as do público xeral poderán adquirirse dende o 5 de marzo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal